Baltar ficha por Los Suaves

José Manuel Baltar fará de cantante noutro sitio ademais de na Deputación de Ourense. A sorpresa no mundo do rock saltou en Ourense ao anunciar conxuntamente o grupo e a Deputación de Ourense a noticia de que José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, será o próximo cantante dos Suaves. O mundo do rock…

Milleiras de galegas piden que o Goberno aplique o art. 155 en Galiza

As manifestacións ocuparon o centro de todas as cidades e vilas galegas. Máis de 20mil persoas saíron ás rúas do país para protestar contra a xestión incendiaria da Xunta de Galiza e pedir que o Goberno do Estado aplique o artigo 155 da Constitución Española na nosa terra. As galegas e galegos queimados polos incendios…

Catalunya inventa a independencia de Schrödinger

Está nun estado cuántico de independencia e non independencia á vez. Científicos do CERN en Suíza acaban de demostrar empíricamente o estado cuántico de Catalunya que lle permite ser independente e, á vez, ser non indepedente. Os estudos levados a cabo polos físicos tamén deron como resultado o descubrimento dunha nova partícula subatómica: O Bosson…

Froilán agradece que Lugo celebre as festas na súa honra

O infante de España, e rei lexítimo, paseou pola capital da muralla aproveitando o Domingo das mozas. Felipe Juan Froilán de Todos Los Santos mostrouse na mañá de onte “entusiasmado e feliz” polas festas na súa honra que nestes días se desenvolven en Lugo. Cun puro en man, o futuro rei lexítimo, aproveitou a xornada…

Tim Burton ambientará no Alto do Fiouco a súa vindeira película

O director estadounidense quedou seducido pola brétema deste lugar tras pasar uns días de vacacións na Mariña este pasado verán. Din que non hai mal que por ben non veña e así se podería entender esta situación creada despois de que Tim Burton tivera que circular pola A-8 e vivirá nas súas propias carnes o…

El Rey esixe que lle traian dragóns e inmaculados

‘Dracarys, Dracarys’, dixo nun discurso televisado nos sete reinos. Segundo informa La Voz de Invernalia, Felipe VI, fixo chamar á Man do Rei para que lle conseguira ‘unos inmaculados y unos dragones de eses’. ‘Sé que los legítimos herederos tienen esas cosas y yo lo soy por la gracia de dios. Así que donde coño…

As novas porras da Policía Nacional levarán inscrita a palabra Democracia

Gran parte destas porras terá como destino Cataluña. Así o ben de confirmar o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido. A porra, que pesará 50g menos que as actuais, comezará a ser repartida a partir da próxima promoción de policías nacionais. Do mesmo xeito tamén serán entregadas aos corpos de seguridade que actúen en manifestacións…