Estaba de vacacións e atopouse cun gran número de vigueses na praia. Antoñito García colleu vacacións en agosto e decidiu, como tantos outros ourensáns, ir a Vigo a pasalas. Reservou un apartamento na cidade olívica e acudiu á praia de Samil. As vacacións remataron en lágrimas para Antoñito que comprobou que Vigo estaba cheo de … Seguir lendo
Tag Archives: Samil
Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense
Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a … Seguir lendo
Vigueses mallan a ourensáns e portugueses para recuperar a praia de Samil
Un grupo de vigueses lanzouse a recuperar a praia de Samil para os habitantes da cidade olívica. A batalla rematou en matanza. As augas do atlántico tinguíronse de vermello despois da liorta que se viviu en Samil onte pola tarde cando un grupo de persoas chegou a praia armados con paus, arpóns e mazas para … Seguir lendo
Constátase que Vigo é unha cidade dormitorio de Ourense
Que a grande parte da poboación da urbe industrial teña ascendencia ourensá abriu o camiño aos investigadores A instalación da fábrica de PSA Citroën en Vigo mudou a fisionomía da cidade, comentan investigadores do campo da Xeografía Humana da UNED da Coruña que se adicaron ao estudo dos cambios poboacionais na cidade olívica. Segundo consta no estudio foi … Seguir lendo
Ante os temores de secesión de Vigo, Ourense reclamará dereitos sobre a Praia de Samil
Despois das últimas novas que vinculan o futuro de Vigo á consulta popular, e ante as posibilidades reais de que a cidade olívica se anexione a República de Portugal, Ourense iniciará os trámites para reclamar os dereitos adquiridos sobre a praia de Samil. A praia de Samil, ubicada na costa viguesa é o enclave turístico … Seguir lendo