Despois dun intenso fin de semana no que Martiño Noriega, e o sector crítico de Anova, se alzaba coa victoria do referendo sobre a súa participación nas europeas, o alcalde de Teo anuncia que no futuro próximo se dedicará ao sector da sombreirería.

Martiño Noriega cun dos seus sombreiros, en Santiago de Compostela
É coñecido por todos como o alcalde de Teo ou o delfín de Beiras, pero tamén o é polos seus sombreiros, moitas veces ridiculizado por eles, agora este médico de profesión dedicara parte do seu tempo a eles.
Noriega cumpre así o seu desexo de dedicarse ao que máis lle gusta, e é que unha vez que deixe a alcaldía, como xa anunciou que faría ao remate desta lexislatura, con algo ten “que pasar o tempo” xa que “a vida de médico éche moi aburrida”, declaraba esta mañá.
Nun acto de corte austero e coa resaca todavía enriba dunha victoria pola mínima, (recordemos que o sector liderado por Martiño Noriega, se impuña ao oficialismo por un estreito marxe de 380 a 369 votos, no que os afiliados de Anova, decidían así, concorrer con IzquierdaUnida ás eleccións europeas do próximo mes de maio), Martiño facía a presentación do que sería o bosquexo dunha primeira colección, baseada nos sombreiros, gorras e gorriños utilizados por militantes do Encontro Irmandiño na súa etapa como corrente organizada dentro do BNG.
Segundo o de Teo “É unha idea romántica e espero que sexa duradeira no tempo, como é o meu amor por eles”.

Raúl Asegurado, un dos candidatos a ser socio de Noriega.
Sobre o novo proxecto Martiño daba a TemposGalegos a exclusiva da súa denominación comercial, chamarase “OsDosChapeus” en honra ao seu mote e de compañeiros que con el militaron anos atrás no propio Encontro Irmandiño, así mesmo entre risas admitía que se barallaran diferentes nomes, mais ao fin había que escoller e “OsDosChapeus” impuxose a o outro dos favoritos “Tránsfugas”. Nos últimas horas, rumores apuntan a que o seu compañeiro de partido e membro directivo de Fiare Galiza, Raúl Asegurado podería ser socio desta aventura empresarial, na que Noriega pretende “dar aos “chapeus” o status que deberan ter, o de complemento ideal nesta nosa terra”.