Un destacamento enviado polo ministerio de Interior velará polo correcto funcionamento da xornada electoral. As eleccións catalás que se desenvolven no día de hoxe contarán coa presenza de máis de 10.000 policías que, comandados polo ministerio de Interior traballaran durante todo o día para que todas as persoas que voten o fagan ben. Ante a … Seguir lendo
Tag Archives: policia
O PP e C’s avisan a Twitter: ‘280 caracteres son muchos, mejor 155’
O Ministerio de Interior duplicará a plantilla de policías para facer fronte á grave ameaza á liberdade de expresión que supón poder escribir o dobre de caracteres en Twitter. Segundo avanzaron fontes próximas ao ministerio vaise proceder a ampliar a oferta de emprego de policías nacionais para facer fronte a esta nova ameaza. “Los rojos … Seguir lendo
As novas porras da Policía Nacional levarán inscrita a palabra Democracia
Gran parte destas porras terá como destino Cataluña. Así o ben de confirmar o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido. A porra, que pesará 50g menos que as actuais, comezará a ser repartida a partir da próxima promoción de policías nacionais. Do mesmo xeito tamén serán entregadas aos corpos de seguridade que actúen en manifestacións … Seguir lendo
Independentistas radicais deciden atacar ás porras coas súas cabezas
Non contentos con ir a votar libremente, os radicais cataláns están a cargar contra os pacíficos policías recén saídos dun parque temático. Durante as primeiras horas do día de hoxe estase a vivir en Catalunya o clima de crispación e violencia pronosticado polo Estado español. Violentos radicais armados coas súas cabezas están a atacar indiscrimimadamente … Seguir lendo
Policías feridos por desalineamento de chakras tras o desaloxo dun centro okupa
Centros sociais ocupados de todo o país utilizan o poder do ioga para defenderse das cargas policiais. A Delegación do Goberno en Galiza ven de alertar aos corpos e forzas de seguridade do estado que estean preparados ante os coñecementos de ioga dos okupas dos centros sociais. A alarma saltou despois do desaloxo do CSOA … Seguir lendo
Deteñen a un home que planeaba farcerse pasar por muller no Xoves de Comadres
A policía acusao de suplantación de personalidade e luxuria. A vila de Verín, na comarca de Monterrei, amencía hoxe coas sereas dos corpos de seguridade do estado, que a primeira hora da mañá desenvolvían a operación ‘Deborah’, na que un home de 41 anos foi apreixado ao ser cazado planeando facerse pasar por muller na tarde deste xoves, … Seguir lendo
A policía detén a raíña Letizia tras queimar a Felipe VI cun cigarro
A casa real emitiu un comunicado para indicar que a raíña Letizia non fuma pero que, nese momento, atopábase sostendo un cigarro a unha amiga. A Casa Real trata de quitarlle ferro ao incidente no que resultou detida Letizia por queimar cun cigarro a Felipe VI. O incidente foi observado por un compoñente da garda … Seguir lendo
O titeriterismo principal problema para os españois segundo o CIS
O segundo lugar pasa a ser ocupado polos comentarios en Twitter. Os datos da principal enquisa sociolóxica desvelaron que o titeriterismo escalou a primeira posición entre as preocupacións da cidadanía, desbancando do primeiro posto ao paro. Os comentarios en Twitter tamén ascenderon no ranking colocándose en segundo lugar e substituíndo nese posto á corrupción. Nos … Seguir lendo
Desarticulada a cúpula de Barrio Sésamo por apoloxía do terrorismo
A policía detivo os responsábeis do show infantil por apoloxía do terrorismo ao incluír na programación ao monstro das gallETAs. A denuncia comezou por un pai que se sentiu horririzado ao ver o programa televisivo que estaba a visualizar o seu fillo. ‘Fue horrible: vampiros, dos hombres compartiendo cama e incluso un monstruo que comía galletas’, … Seguir lendo
Unha redada en Ortigueira incauta máis de 4000 cans e 7000 flautas
A Policía Nacional realizou na xornada de onte unha redada nos arredores da vila de Ortigueira, onde nestes días se celebra o popular festival do Mundo Celta, e onde se dan cita milleiros de persoas, moitas delas, segundo o responsable do corpo de policía son “de aspecto dudoso”. Na redada, ademais doutros artigos que as … Seguir lendo