Cae o gordo na Coruña
Sucesos

Cae o gordo na Coruña

O gordo caeu nesta administración de lotería na coruñesa Avenida de Gran Canaria Altura da rúa onde puido caer Lendoiro Segundo contan testemuñas do suceso Augusto César Lendoiro sufriu un traspés ao pasar por diante desta Administración de Loterías esta mañá. As informacións aínda son confusas e segundo a testemuña a que se lle pregunte van dende … Seguir lendo

Científicos recomendan mirar a iluminación de nadal de Vigo a través dunha radiografía
Ciencia

Científicos recomendan mirar a iluminación de nadal de Vigo a través dunha radiografía

O anuncio de Abel Caballero da instalación das luces de nadal fai ser precavidos a ópticos e oftalmólogos.   O anuncio de Abel Caballero de instalar máis de nove millóns de lámpadas led e iluminar árbores, consistorio e rúas puxo en alerta a científicos e profesionais da medicina para evitar que a poboación da cidade … Seguir lendo

Van a folga tras anunciar a empresa que a cea de nadal vai ser nun restaurante vegano
Sucesos

Van a folga tras anunciar a empresa que a cea de nadal vai ser nun restaurante vegano

A plantilla dunha empresa de servizos informáticos con sede na cidade de Lugo ven de anunciar que estarán de folga indefinida tras o anuncio do xefe de que este ano a tradicional cea de nadal celebraríase nun restaurante vegano. Segundo puido saber este medio a cea, como ven sendo habitual nos últimos tempos, ía ser … Seguir lendo

O Sergas pide a Loterías que sortee paracetamois porque o importante é ter saúde
Actualidade

O Sergas pide a Loterías que sortee paracetamois porque o importante é ter saúde

A Consellaría de Sanidade solicitará ao organismo Lotería y Apuestas del Estado que proceda a deixar de sortear cartos e pasen a sortear medicamentos xa que “lo importante es tener salud”. A idea levaba xestándose semanas atrás na sede do Partido Popular. Segundo informaron fontes próximas ao executivo galego, “Sortear dinero es una obscenidad. Les toca … Seguir lendo

O “Sentador de nais” non queda exento de polémica
Actualidade

O “Sentador de nais” non queda exento de polémica

Colectivos de homes, moi homes, opóñense ao “invento contranatura”. O invento lanzado pola páxina feminista ‘Locas del coño’ o pasado sábado na súa canle de Youtube e  que conta xa con máis de 300.000 visitas arrastra tantas partidarias como detractores. O sentador de nais trátase dun regalo dirixido ás matriarcas das familias nunha data moi … Seguir lendo

Feijóo dará a súa mensaxe de fin de ano en español
Actualidade

Feijóo dará a súa mensaxe de fin de ano en español

A novidade lingüística dentro do discurso do presidente da Xunta de Galiza foi anunciado esta mañá nunha conferencia do vicepresidente Alfonso Rueda. O discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para este fin de ano 2014 será dado integramente en español, idioma en palabras do vicepresidente “da indisoluble unidade do estado do que Galicia, como … Seguir lendo