Atopado en Vigo un neno falando galego

Ten nove anos e responde ó nome de Alexandre. Foi visto polas inmediacións da Avenida Camelias, onde tentaba mercar nunha tenda. Segundo a súa propietaria repetía insistentemente “unha ducia de ovos”; ó non ser entendido por ningún dos presentes avisouse á Policía Local, que o trasladou a dependencias policiais. Membros de Galicia Bilingüe trasladáronse ata…

Cae o gordo na Coruña

O gordo caeu nesta administración de lotería na coruñesa Avenida de Gran Canaria Altura da rúa onde puido caer Lendoiro Segundo contan testemuñas do suceso Augusto César Lendoiro sufriu un traspés ao pasar por diante desta Administración de Loterías esta mañá. As informacións aínda son confusas e segundo a testemuña a que se lle pregunte van dende…

O Sergas pide a Loterías que sortee paracetamois porque o importante é ter saúde

A Consellaría de Sanidade solicitará ao organismo Lotería y Apuestas del Estado que proceda a deixar de sortear cartos e pasen a sortear medicamentos xa que “lo importante es tener salud”. A idea levaba xestándose semanas atrás na sede do Partido Popular. Segundo informaron fontes próximas ao executivo galego, “Sortear dinero es una obscenidad. Les toca…

O “Sentador de nais” non queda exento de polémica

Colectivos de homes, moi homes, opóñense ao “invento contranatura”. O invento lanzado pola páxina feminista ‘Locas del coño’ o pasado sábado na súa canle de Youtube e  que conta xa con máis de 300.000 visitas arrastra tantas partidarias como detractores. O sentador de nais trátase dun regalo dirixido ás matriarcas das familias nunha data moi…

Feijóo dará a súa mensaxe de fin de ano en español

A novidade lingüística dentro do discurso do presidente da Xunta de Galiza foi anunciado esta mañá nunha conferencia do vicepresidente Alfonso Rueda. O discurso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para este fin de ano 2014 será dado integramente en español, idioma en palabras do vicepresidente “da indisoluble unidade do estado do que Galicia, como…

O novo turrón de carne richada chegará este Nadal

Unha empresa coruñesa lanza ao mercado unha nova versión do tradicional turrón O I+D gastronómico galego parece non ter fin. Primeiro foi a Nocilla de zorza, despois o Actimel de licor café e agora chéganos o turrón de carne richada para celebrar dun xeito diferente as datas de Nadal. Dende a empresa sinalan que “somos…