‘So nos faltaría que Cerna tampouco quixera vir con nós’ aseguran desde En Marea. A decisión tomada pola Convención Nacional de Compromiso por Galicia colleu por sorpresa á coalición formada por Anova, Esquerda Unida e Podemos, e apoiada por algunhas das candidaturas municipais do pasado maio. Compromiso decidía por un porcentaxe do 71% constituírse como … Seguir lendo
Tag Archives: galiza
Galicia exportará óvulos de raza rubia galega a Asia
Unha delegación asiática visitou Lugo para mercar entre 10.000 e 15.000 doses. A idea pasa por cruzar a raza galega coa autóctona de alá, para conseguir mulleres e homes de máis calidade, e de paso facer a súa produción de seme e óvulos máis rendible. A raza rubia galega chegará a Asia para mellorar a raza humana … Seguir lendo
COB e Breogán disputaranse o ascenso e a titularidade dos Peares
Feijoo di non estar de acordo porque ‘Los Peares son míos’ O COB e o Breogán disputarán moito máis que un partido este martes día 2 de xuño. A parte do ansiado ascenso á Liga ACB de baloncesto o partido dirimirá, dunha vez por todas a que provincia pertencer o pobo dos Peares. O núcleo … Seguir lendo
En Ferrol, Podemos non apoiará a Podemos
A formación de Pablo Iglesias non dará soporte ás mareas ferrolás, pero tampouco ao seu propio partido local. O Círculo concéntrico de Podemos a nivel estatal non apoiará ao seu círculo ferrolán de cara ás próximas municipais de maio de 2015. Despois dos problemas surxidos na elección do seu Consello Cidadán e as convulsas asembleas … Seguir lendo
Nace unha plataforma para que Feijóo saque o CELGA 4
As dificultades do Presidente da Xunta de Galiza para expresarse en galego fixeron que grupos de filólogas se xunten en torno ao proxecto GaFe(Galego para Feijóo). O nacemento da plataforma non chega exenta de polémica, pois nun momento no que as políticas da Xunta de Galiza avanzan cara o exterminio da identidade lingüística do país … Seguir lendo
O novo reloxo de Apple podería ser quen de amosar a hora
O novo dispositivo que a marca da mazá ten pensado lanzar no próximo ano 2015 sería capaz de amosar a hora e incluso partillala con persoas que cha pidan. A revolución chega unha vez máis de mans da empresa de Silicon Valley, que volve revolver mercado e poñelo de patas arriba co seu novo anuncio. … Seguir lendo
Emigrantes galegos en Euskadi propoñen chamar á bandeira Galega ‘A kurriña’
Varios colectivos de galegos residentes en Euskal Herria proporán ao Parlamento Galego renomear á bandeira galega. O nome: ‘A kurriña’ Deste xeito queren sellar un vínculo creado entre matrias irmás, labrada tras anos de emigración galega a terras vascas. Así ‘a kurriña’ convertiríase na irmá simbólica da ikurriña enlazando a ambos pobos dunha maneira histórica. “A … Seguir lendo
Manifestación pola dependencia de Galicia
Varias organizacións están a estudar a convocatoria dunha manifestación “dependentista” para contrarrestar as mobilizacións nacionalistas do 25 de xullo na Galiza O Partido Popular xunto con UPyD, Cidadanos, Vox, a Falange e Paco Vázquez están a recabar apoios para convocar unha mobilización a prol da dependencia de Galicia. “Galicia es España, Gibraltal es España, Perejil … Seguir lendo
Felipe Juan Froilán de Todos os Santos e Case Todos os Dedos disposto a reinar
Ante o apremio e petición popular, o infante de Hespaña estaría disposto a dar o paso a reinar. Todo isto, sempre e cando súa nai, que quedaría como Raíña Nai, lle cedese o posto. Iso sí, primeiro habería que derrogar a Lei Sálica pola cal o herdeiro ao trono sería un varón, para proceder a … Seguir lendo