Varias organizacións están a estudar a convocatoria dunha manifestación “dependentista” para contrarrestar as mobilizacións nacionalistas do 25 de xullo na Galiza
O Partido Popular xunto con UPyD, Cidadanos, Vox, a Falange e Paco Vázquez están a recabar apoios para convocar unha mobilización a prol da dependencia de Galicia. “Galicia es España, Gibraltal es España, Perejil es España, Cataluña es España y las Vascongadas también son un poco España”, comenta unha das persoas implicadas no proxecto.
Apuntaron a necesidade de facer este tipo de mobilización a que España é un país moi fráxil e que pode romperse con facilidade polo que “hay que mimarla como a una marmotilla enferma”.
Tamén se amosaron preocupados polo medre do sentimento independentista en Galiza: “El independentismo en Galicia ha ido muy lejos, incluso se les ha permitido ponerle el nombre de un vicepresidente nacionalista a la plaza esa en la que acaban las manifestaciones”, declaran.