Unha cápsula do tempo consegue levar ao pasado a 10.000 persoas
Política

Unha cápsula do tempo consegue levar ao pasado a 10.000 persoas

Instalouse no madrileño palacio de Vistalegre e conseguiu que os participantes visitaran o ano 1939. Un experimento científico desenvolveuse esta fin de semana en Madrid. Cientistas de extrema dereita conseguiron fabricar unha máquina do tempo que logrou levar aos asistentes 80 anos atrás e conseguir que tiveran vivencias propias da época. Deste xeito os asistentes … Seguir lendo

A segunda equipación da selección española podería levar a aguia franquista para contentar a todo o mundo
Deportes

A segunda equipación da selección española podería levar a aguia franquista para contentar a todo o mundo

A camisola que terá fondo branco e vermello tería a galiña franquista en lugar do habitual escudo. Tanto Adidas como a Federación Española de Fútbol tentaron no día de hoxe saír ao paso das declaracións acaecidas nos últimos días sobre o republicanismo da nova camisola da selección. Para tal fin, no día de onte foi … Seguir lendo

Na final da Copa do Rei proxectaranse as imaxes de Franco e Himmler
Deportes

Na final da Copa do Rei proxectaranse as imaxes de Franco e Himmler

A Delegación do Goberno en Madrid impedirá a exhibición de esteladas durante a final da Copa do Rei de fútbol porque “pueden causar violencia” e, para aliviar a situación, decidiu proxectar nas bancadas as imaxes de Franco e Himmler porque “producen 40 años de paz”. A organización colleu a idea das proxeccións que tiveron lugar … Seguir lendo

Millóns de moedas de euro caducarán nos próximos días
Economía

Millóns de moedas de euro caducarán nos próximos días

Arias Cañete ofrécese a comelas Millóns de moedas de euro, dous euros e céntimos caducarán próximamente debido á abdicación de Juan Carlos I. Desde a Unión Europea indican que coa abdicación do rei terán menos valor que un iogurt caducado. Ante tal afirmación o exministro e actual eurodiputado Miguel Arias Cañete ofreceuse a comelas todas … Seguir lendo

Lopez Orozco escollido Premio ao alcalde máis achuchable do país
Política

Lopez Orozco escollido Premio ao alcalde máis achuchable do país

O alcalde de Lugo escollido, entre centos de aspirantes, como o rexedor con aspecto máis bonachón e amigable. Está mañá presentábase en Salceda de Caselas o I Premio anual Alcalde Achuchable de Galiza, no que por primeira vez se outorgaba o esperado galardón. Na presentación participaron personalidades de toda a índole do noso país, desde … Seguir lendo