Sucesos

A Rajoy rómpeselle a Falange


Segundo trascendeu onte a M.Rajoy rompéuselle a falanxe na súa visita a Galicia.

O PP non pode esconder a súa preocupación ante a necesidade que teñen dela no conflicto de Catalunya e tamén amosaron a súa preocupación porque o incidente se producira en Galicia, terra gobernada por Feijoo e cuna do dictador Francisco Franco.

Dende o partido xa se apresuraron a desmetir que a rotura tivera que ver con ningún tipo de enfrontamento entre Feijoo e o propio M Rajoy pola candidatura a próximo presidente do goberno español pero non esconden a súa decepción polo dano provocado na falanxe da parte máis extrema da man dereita do presidente. “Justo ahora necesitamos más que nunca la falange”, indicaron fontes do partido. “Sin la falange al presidente le puede temblar la mano y, para más inri, es la derecha”, engadiron.

Nas redes sociais xa comezaron as primeiras bromas polo percance de Rajoy e as chanzas sobre que é unha pena que non se lle rompera o corazón (referíndose ao dedo) non se fixeron esperar.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.