Invocan aos espíritos do mal nunha queimada e aparece Fraga

O macabro suceso aconteceu na vila do Cebreiro. O que se desenvolvía coma unha noite festiva entorno a un cocido, converteuse na noite do sábado nunha arrepiante historia co expresidente da Xunta de Galiza como protagonista. Os veciños e veciñas da vila compartían unha tarde festiva e sen sobresaltos ata que xa entrada a noite…

A Xunta podería aprobar o seu propio protocolo anti-zombi

Desde o Goberno da Xunta ultiman os detalles do que sería o plan estratéxico ante a ameaza dos mortos vivintes. Este pasado xoves saia á luz centos de documentos clasificados do que sería o plan estratéxico da Xunta de Galiza para a actuación ante un ataque zombi. Segundo se desprende dos mesmos, os pasos iniciais…

O PP plantéxase contratar buses londinenses para profesionalizar a carretaxe

Estarián a disposición de asilos, monxas, curas e caciques de todo o país. As recentes imputacións no PP galego polas denuncias de carretaxe en Lugo está a facer mover ficha ao partido que goberna a maioría dos concellos galegos. Segundo fontes confidenciais chegadas ao noso medio, o Partido Popular está a plantexar profesionalizar a carretaxe…

COB e Breogán disputaranse o ascenso e a titularidade dos Peares

Feijoo di non estar de acordo porque ‘Los Peares son míos’ O COB e o Breogán disputarán moito máis que un partido este martes día 2 de xuño. A parte do ansiado ascenso á Liga ACB de baloncesto o partido dirimirá, dunha vez por todas a que provincia pertencer o pobo dos Peares. O núcleo…

Abel Caballero coloca outro dinosaurio en Vigo

O seu amor polas cousas pleistocénicas podería ser obxecto dun estudo Abel Caballero colocou hoxe por sorpresa outro dinosaurio nunha rotonda ao que hai que sumar o colocado onte na rúa Rosalía de Castro. A teima que ten Abel Caballera con poñer cousas nas rotondas foi comentado por moitos veciñas e veciños da cidade olívica…

O Centro Superior de Hostelería de Galicia inventa o Porro con enchufe

O departamento de I+D do Centro Superior de Hostelaría de Galicia logrou que o Porro tivese un enchufe A investigación e desenvolvemento galegos están de noraboa. Tras varios meses de traballo parece que os esforzos feitos polo Centro Superior de Hostelaría de Galicia deron os seus froitos e onte coñecíamos a existencia dun Porro con enchufe….