A formación morada iniciará unha campaña de crowdfunding para mercar toda a Coca-Cola do Estado para provocar un desabastecemento. O partido de Pablo Iglesias comunicou onte aos medios o inicio dunha campaña para levar a cabo o boicot que anunciaron no Parlamento español. Trátase dunha performance-reivindicativa-colaborativa-movimentaria que tratará de recadar uns 300 millóns de euros … Seguir lendo
Tag Archives: congreso
O PP arrebata a Bulgaria o record Guinness de congresos a dedo
O xurado do Libro Guinness dos Records acaba de desbancar a Bulgaria do posto nº 1 do podio de congresos a dedo e acaba de designar ao novo rei desta modalidade: O Partido Popular de Galicia. O Congreso do PPdeG onde Alberto Núñez Feijoo acadou o 97,8% decantou aos xuíces de Guinness que encaramaron ao … Seguir lendo
En Marea terá un subgrupo dentro do grupo de Podemos que non será un grupo senón un grupo de grupos
As formación que integran En Marea considera que a cousa xa queda suficientemente clara e non darán máis explicacións. O culebrón da última semana que protagonizou a posibilidade de que En Marea tivera grupo propio no congreso zanxouse na tarde de onte coa integración de todos os deputados da formación no grupo de Podemos. Segundo … Seguir lendo
O PSOE ofrecerá a En Marea unha sala de karaoke para compensar a perda do grupo parlamentar
A sala contará coa discografía completa de Extremoduro para que poidan versionar todas as súas cancións. O PSOE pactou con Ciudadanos e o Partido Popular a composición da mesa do congreso dos deputados que pasará a presidir o socialista Patxi López. O reparto acordado polos grupos deixa unha mea na que o PP terá tres membros, … Seguir lendo
Un xeranio substituirá a Toni Cantó no seu escano
Fai o mesmo traballo e non di tantas burradas O deputado de UPyD no Congreso, Toni Cantó, anunciou onte que renunciaba a súa acta e que non será o candidato de UPyD á Generalitat Valenciana. O anuncio foi feito nunha rolda de prensa convocada o martes e nela anunciou que continuaría na formación ata o … Seguir lendo
Compromiso por Galicia anuncia que o seu próximo congreso será en Bulgaria
Anunciouno o seu partido despois de que Xoán Báscuas fora elixido polo 100% dos votos Compromiso por Galicia celebrou este domingo día 16 de novembro o seu I Congreso Nacional baixo o lema “Galicia en positivo” e procederon a renovar os seus órganos de partido e a votar a súa estratexia cara as eleccións municipais. … Seguir lendo
Santo Andrés de Teixido acollerá a convención internacional de parapsicoloxía
A vila galega acollerá o congreso con máis fantasmas por metro cadrado desde a Asemblea Nacional de Anova do pasado fin de semana. Do 7 ao 9 de novembro celebrarase, en San Andrés de Teixido, o Congreso Nacional de Parapsicoloxía, que contará con algunhas das máis importantes figuras a nivel nacional nesta materia, como o … Seguir lendo