Xoan Bascuas amosou o seu malestar porque Feijoo fale de finalizar o seu compromiso por Galicia. O Partido Popular de Galicia amosou onte a súa satisfacción porque Feijoo non deixe o cargo de presidente da Xunta de Galicia. Fontes próximas ao partido indican que ‘Alberto es nuestra riqueza. Es como El Dorado y nos alegramos … Seguir lendo
Tag Archives: Compromiso por Galicia
Atopan en Lalín unha vaca que ri
A vaca foi atopada soa nunha leira e rindo a cachón. A noticia corre como a pólvora polas redaccións a nivel internacional, e é que unha vaca que ri, polo de agora tan so se atopara nunha ocasión, a cal acabou sendo triturada para converter en snacks de queixo. A vaca, que pacía soa nunha leira da … Seguir lendo
Compromiso por Galicia(CxG) presentará candidatos ás primarias de todas as “mareas” do país
Desde a dirección nacional de CxG afirman despois do sucedido en Ourense que “Isto está chupado”. Despois da lección de participación e democracia exercida durante o pasado fin de semana na cidade de Ourense, Compromiso por Galicia vén de anunciar que presentará candidatos en todas as primarias das “mareas” que se celebren polo país. Este … Seguir lendo
CxG denuncia que a Festa do Cocido estivese chea de porcos españois
O candidato a alcaldía da vila de Lalín pola formación galeguista, Rafael Cuíña, denuncia que a festa do cocido estivese chea de porcos procedentes de España, e que incluso algúns dos animais tamén o fosen. A denuncia, feita publica perante os medios de comunicación congregados para dar cobertura aos actos de ensalzamento do cocho lalinense, … Seguir lendo
Rafa Cuíña rociará Lalín con Varon Dandy para quitar o olor a cocho se sae elixido alcalde
Así o anunciará durante a mañá de hoxe nunha rolda de prensa convocada na capital do Deza. Rafael Cuíña, fillo do que fora Conselleiro de Obras Públicas en tempos de Don Manuel, Xosé Cuíña, é o candidato de CxG á alcaldía do concello de Lalín, cargo que xa ostentou seu paí aló polos anos 80. Cuíña … Seguir lendo
Compromiso por Galicia anuncia que o seu próximo congreso será en Bulgaria
Anunciouno o seu partido despois de que Xoán Báscuas fora elixido polo 100% dos votos Compromiso por Galicia celebrou este domingo día 16 de novembro o seu I Congreso Nacional baixo o lema “Galicia en positivo” e procederon a renovar os seus órganos de partido e a votar a súa estratexia cara as eleccións municipais. … Seguir lendo
A recomposición da dereita galeguista: Coalición Galega, Terra Galega, Cerna e CxG nunha mesma fronte
O recente acordo de coalición entre Coalición Galega e Terra Galega ciría a precipitar os acontecementos, polos cales, a dereita galeguista, moitos anos despois, volverá a presentarse unida a uns comicios electorais. A falta de pechar flecos e de legalizar a coalición como tal, todo parece indicar que os partidos nacionalistas galegos de carácter burgués, foron … Seguir lendo