Política

CxG denuncia que a Festa do Cocido estivese chea de porcos españois


O candidato a alcaldía da vila de Lalín pola formación galeguista, Rafael Cuíña, denuncia que a festa do cocido estivese chea de porcos procedentes de España, e que incluso algúns dos animais tamén o fosen.

Rafa Cuíña nunha foto de arquivo.

Rafa Cuíña nunha foto de arquivo.

A denuncia, feita publica perante os medios de comunicación congregados para dar cobertura aos actos de ensalzamento do cocho lalinense, pretendía segundo palabras do alcaldable Rafa Cuíña poñer en valor tanto aos galegos como os productos típicos tanto do país como da zona do Deza.

Rafa Cuíña expresou a súa fonda repulsa á colonización sufrida nos últimos anos na Feira, e pola que centos de españois colapsan os actos e degustacións deixando aos lalinenses sen poder “catar unha mísera orella”.

Do mesmo xeito CxG reinvindicou a calidade do porco galego e máis en concreto da raza Celta e a súa firme convicción de que os e as galegas deben rexeitar imitacións ou importacións españolas que o único que conseguen é “rebaixar a calidade das nosas carnes”.

Compromiso por Galicia presentará unha iniciativa no Parlamento Europeo por medio do seu coordinador en Políticas Europea, Paulo Carlos López, e defendida pola europarlamentaria do PNV, Izaskun Bilbao, da que Paulo Carlos é asesor, para expresar a preocupación destes pola colonización porcina en Galiza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.