O técnico coruñés tería chegado a un principio de acordo para adestrar aos dous clubes ao mesmo tempo. O técnico de Castrofeito é o adestrador de moda nos últimos tempos, tanto que tralo éxito das últimas xornadas de Liga co Deportivo da Coruña, onde leva 5 de 5 vitorias, ducias de clubes andan tras del….
Etiqueta: Celta
A aplicación da LFP espía usuarios para saber se botan un casquete se gaña o seu equipo
Na Coruña fodeuse pouco este ano. Onte coñeceuse que a aplicación de Android da Liga de Fútbol Profesional emprega o micrófono do teléfono dos usuarios para comprobar se están a piratear un partido. Informáticos ata as trancas de ritalín conseguiron descubrir que a mesma aplicación tamén espían os usuarios para coñecer os hábitos sexuais despois…
Gallaecia Biliguis critica que a mocidade de Lucus non saiba un latín correcto
Todo comezou cando un grupo de mozos fixo unha pintada na muralla de Lugo para protestar pola ocupación romana. Segundo informou a garda do centurión romano, un grupo de mozos celtas militantes da formación nacionalista Nova Gallaecia foron detidos despois de que fixeran unha pintada na muralla de Lucus Augusti. A patrulla policial observou que…
Unzué ficha polo RC Celta de Mos
Unzué ficha pola equipa celeste e substituirá a Berizzo á fronte do RC Celta de Mos. O Mos oficializou a fichaxe de Juan Carlos Unzué despois de que o o adestrador navarro rematara a súa traxectoria en Barcelona. O adestrador asinará por dúas tempadas ca equipa mosense e agárdase del o mesmo rendemento que o seus predecesores,…
Berizzo marchará do Celta a un concello limítrofe
O adestrador do Celta indicou o pasado domingo que marchaba do clube. Aínda que a situación parece non ter nada que ver coa venda do estadio de Balaídos, fontes do clube indican que o destino do adestrador podería estar nun concello limítrofe con Vigo. “Podería ser a avanzadilla do estadio”, declaran fontes próximas a Abel…
O Celta marchará de Vigo e irá para A Coruña
Carlos Mouriño podería plantexarse a posibilidade se descende o Deportivo e Xulio Ferreiro procede a venderlle o estadio de Riazor. A polémica polo traslado do Celta fóra do ámbito municipal de Vigo non deixa de xerar polémica. A desta semana baséase nunha posíbel carambola que xoga co descenso do Deportivo da Coruña o que abriría…
A Coruña pasará a chamarse Vigo de Arriba para que non se lien en Madrid
As continuas confusións de medios de comunicación estatais na localización das cidades galegas leva a tomar a decisión de emerxencia de bautizar a cidade da Coruña como “Vigo de Arriba”. O cambio de nome farase mediante un decreto da Xunta de Galicia nos próximos días e xa está a xerar protestas nas redes sociais a pesar…
A nova cuberta de Balaídos será de Adamantium para non disgustar ao Real Madrid
Na súa construcción faleceron polo de agora 10 Lobetos. A reparación da cuberta de Balaídos esgazada pola cicloxénese explosiva da semana pasada segue camiño da súa completa substitución. A uralita, que o vento fixo saltar polos aires, está a ser remprazada por un equipo especializado de X-Men, enviados desde Carral polo profesor Xabier. A nova superficia…
Sergio Ramos non entende como o Celta eliminou ao Real Madrid
Tanto Zidane como Florentino Pérez tentan a estas horas explicarlle como sumar os resultados dos partidos de ida e volta da Copa do Rei. O Celta de Vigo conseguía onte clasificarse para as semifinais da Copa do Rei despois de eliminar nos cuarto de final a nada máis que o Real Madrid, vixente campeón de…
Galicia Bilingüe denuncia a politización do Celta-Dépor co himno galego
Gloria Lago pídelle a RFEF que obrigue a cantar o himno español en todos os estadios. O vídeo das afeccións de Celta e Dépor cantando o himno galego o pasado sábado en Balaídos estase a converter en fenómeno viral desde a súa publicación na páxina oficial do Real Clube Celta de Vigo en Facebook, e que…
O Celta de Vigo ficha a Abel Caballero para que tire os penalties
A directiva do club vigués vén de anunciar a incorporación do alcalde, que será o encargado a partir de agora de tirar as penas máximas pitadas a favor do clube. O Real Club Celta de Vigo reforza así unha das súas posicións estratéxicas máis eivadas nas últimas xornadas de liga, un experto en penas máximas,…
Jordi Évole fará un especial Salvados sobre o Celta de Vigo
O presentador catalán servira de nexo argumental nun programa que tratará sobre a temporada do equipo celeste. “Salvados” dedicará o seu programa do próximo domingo, que se emite ás 21:30 na Sexta, ao Celta, o equipo de vigués que “xoga que se las pela”. O programa presentado e dirixido por Jordi Évole centrarase nos casos…
