O líder de Ciudadanos pensa que estas cousas soamente afondan na división entre españois. A publicación da sentenza sobre a Gürtel e a condea ao PP como partido non inmuta nin un ápice o discurso de Ciudadanos. Nesa liña Albert Rivera indicou que non vía corruptos e honrados e que soamente vía españois afondando no … Seguir lendo
Tag Archives: barcenas
A contabilidade B do PP podería protagonizar a terceira tempada de Stranger Things
Os protagonistas buscaría quen é verdadeiramente o tal M. Rajoy. A rapazada de Stranger Things parece que xa ten outro novo suceso entre mans, cando menos, sobre o papel, xa que segundo apuntan fontes de Netflix, Mike, Eleven e o resto poderían aventurarse en descubrir quen é o estraño M. Rajoy e os porques e … Seguir lendo
O Barça lanza unha campaña de apoio a Bárcenas
As redes sociais ferven coa iniciativa blaugrana. O FC Barcelona impulsa unha campaña de apoio extesoureiro do PP, Luís Bárcenas, despois da condena que sufriu por parte da xustiza, xunto ao futbolista do propio clube Leo Messi, de 21 meses de prisión por delito fiscal. A través da etiqueta #TodosSomosBárcenas, o Barcelona pretende apoiar ao político, para mostrar así a … Seguir lendo
O PP podería pagar a fianza da súa Caixa B con cartos da Caixa C
A Audiencia Nacional acaba de requerir ao Partido Popular un total de 1.245.154 euros como responsábel civil subsidiario no caso da súa Caixa B. A resolución do xuíz José de la Mata dálle un prazo de 10 días para aboar a fianza que terían que ter aboado Luís Bárcenas e Álvaro Lapuerta ou procederá ao … Seguir lendo
Facenda sodes algúns, parvos
A nova campaña pretende incentivar as denuncias cidadás entre persoas en situacións precarizadas. Soraya Sáenz de Santamaría anunciou onte unha gran campaña contra a fraude fiscal coa que o Goberno se propón recadar 8.000 millóns de euros. Disque Montoro calcula que xa non queda diñeiro negro na España do ladrillo. Nesta nova campaña poderemos denunciar a todos as … Seguir lendo
Cientistas populares din que a pertenza de Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva
Cientistas das FAES afirmaron onte que a afiliación de Luis Bárcenas ao PP foi unha ilusión colectiva á semellanza do fenómeno das observacións de Ovnis durante os anos 60, 70 e 80 Os voceiros da FAES explicaron que Bárcenas nunca foi tesoureiro do Partido Popular, xamais entregou sobresoldos a altos dirixentes do partido e nin sequera … Seguir lendo
Bankia lanza a súa nova tarxeta ‘Bisa’ Black Card para pagos en B
A entidade que presidiu Rodrigo Rato lanza a Black Card Bisa para pagos en B. Prevese que sexa un éxito entre os empresarios e políticos da dereita A entidade anunciou esta fin de semana que lanzará unha nova tarxeta de crédito que prevé será un éxito entre directivos, empresaurios e políticos da dereita. Trátase da … Seguir lendo
A SAREB rescatará o Banco dos Acusados
A Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) procederá ao rescate do Banco dos Acusados xa que a multitude de imputados que o utilizan abocaríao á quebra ao non aguantar tanto peso. Segundo transcendeu esta mañá unha cantidade cercana aos 20.000 millóns de euros van ser transferidas desde fondos do Tesouro procedentes do … Seguir lendo