A Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) procederá ao rescate do Banco dos Acusados xa que a multitude de imputados que o utilizan abocaríao á quebra ao non aguantar tanto peso.
Segundo transcendeu esta mañá unha cantidade cercana aos 20.000 millóns de euros van ser transferidas desde fondos do Tesouro procedentes do Ministerio de Economía e Facenda.
Estos cartos utilizaranse primeiro para reforzar o propio banco xa que, debido á xente que está sentada nel, pode quebrar e facer que toda as persoas acaben co seu cu no chan.
Ademais diso e por primeira vez, o goberno rescatará persoas. E, neste caso, terá sensibilidade polo custe económico que lle supón aos clientes deste banco. Así, serán rescatados os directivos dos bancos e das caixas, Baltar, Conde Roa, Paula Prado, Fabra, Urdangarín ou Luís Bárcenas entre outros.
“Pobrecillos es que pueden acabar viviendo como el resto”, comenta un coñecido membro do Ministerio de Economía que prefire permanecer no anonimato.