Economía

Facenda sodes algúns, parvos


A nova campaña pretende incentivar as denuncias cidadás entre persoas en situacións precarizadas.
montoroSoraya Sáenz de Santamaría anunciou onte unha gran campaña contra a fraude fiscal coa que o Goberno se propón recadar 8.000 millóns de euros. Disque Montoro calcula que xa non queda diñeiro negro na España do ladrillo.

Nesta nova campaña poderemos denunciar a todos as persoas que considremos que estaén desfalcando ao fisco, sempre e cando estas entre nos baremos habilitados para tal fin, e se trate de persoas con ingresos inferiores aos 15mil euros anuais. Para outras denuncias de cuantías superiores ou sobre persoas e/ou entidades non físicas colocaranse contenedores de reciclado de papel, para envialos directamente.

Por outra banda garantirase que as grandes empresas españolas contén cos últimos avances en trituración de documentos e reciclado, para evitar así o negocio escuro da recollida de papel por ONGs, e entidades sen ánimo de lucros, evitando así posíbeis estafas coas ventas en “b”.

O executivo de Montoro contará para asesorarse con prestixiosos entendidos da materia como Luís Bárcenas, Iñaki Urdangarín ou José María del Nido. Do mesmo xeito, Alejandro Sanz estará encargado de compoñer a banda sonora dos anuncios que se emitirán por televisión e radio durante os próximos meses.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.