A entidade que presidiu Rodrigo Rato lanza a Black Card Bisa para pagos en B. Prevese que sexa un éxito entre os empresarios e políticos da dereita
A entidade anunciou esta fin de semana que lanzará unha nova tarxeta de crédito que prevé será un éxito entre directivos, empresaurios e políticos da dereita. Trátase da nova marca Bisa que, a diferenza da coñecida Visa, esta vale para facer pagos en B. Será negra para evidenciar que os pagos son feitos con diñeiro negro e, anuncian, que mediante esta medida satisfarán as peticións de transparencia na entidade que lle fixeron moitísimos clientes e preferentistas.
“Vamos a hacer una tarjeta negra para pagos en negro y le llamaremos Bisa porque la contabilidad de la misma será en B”, comentaron dende a empresa cando presentaron o produto. “Con esto espero que todo quede claro y que no vengan los jipis esos del 15M a pedirnos los extractos bancarios”, engadiu.
Segundo anunciaron na presentación a tarxeta será enviada aos antigos directivos e tamén a Luis Bárcenas como homenaxe a súa cantidade pagos en B.