Guaidó aproveita a súa visita para autoproclamarse alcalde de Madrid

Desde o PP aseguran que non saben como puido suceder algo así. O autoproclamado “presidente” da Asamblea venezolana Juan Guaidó aproveitou este fin de semana a súa visita a capital do estado para autoproclamarse diante de centos de compatriotas venezolanos, novo alcalde de Madrid. O venezolano, que foi tratato con todo luxo tanto por PP…

Ágatha Ruíz de la Prada vestirá aos Mossos en 2019

A deseñadora española presentou os seus diseños para a policía catalana nas manifestacións polo aniversario do 1-O. Os Mossos d’Esquadra estrearán equipación na vindeira tempada, e non será unha calquera, senón unha deseñada pola mismísima Ágatha Ruiz de la Prada, quen saiu victoriosa do concurso público creado pola Generalitat de Catalunya. Os novos deseños xa…

CCOO consegue mellorar o convenio colectivo da Monarquía

O duro traballo de CCOO nas negociacións coa patronal permite unha subida “necesaria” segundo os monarcas. A Monarquía española aumentará a partir do vindeiro ano á súas percepcións salariais nun 1.5%, polo que o actual rei pasará a percibir preto dos 250.000€ euros anuais, un salario “case digno” segundo fontes da Casa Real. En cambio…

Trump pide armar aos alumnos para evitar ataques de profesores

Donald Trump pide armar aos alumnos despois do último ataque nunha escola norteamericana perpetrado por un profesor armado. Os episodios de violencia armada multiplícanse nos Estados Unidos. Despois das matanzas cometidas por diversos alumnos en institutos americanos o presidente indicou que para evitalas debéranse armar os profesores. Días despois foi un profesor o que encañonou…

A policía supervisará que a xente vote ben en Catalunya

Un destacamento enviado polo ministerio de Interior velará polo correcto funcionamento da xornada electoral. As eleccións catalás que se desenvolven no día de hoxe contarán coa presenza de máis de 10.000 policías que, comandados polo ministerio de Interior traballaran durante todo o día para que todas as persoas que voten o fagan ben. Ante a…

Donald Trump recoñece Madrid como capital de México

Seguindo a escalada provocada polo recoñecemento de Jerusalem como capital de Israel, o presidente estadounidense recoñece Madrid como capital de México. A noticia colleu por sorpresa aos partidos políticos inmersos na campaña catalana. Así, o Partido Popular anunciou que xa que Madrid foi arrebatada polos Estados Unidos, Cataluña pasa a ser “la única España”. Pola…

Cataláns confusos non saben se facer a ponte da Constitución

Unha alta porcentaxe da sociedade catalá non ten claro a día de hoxe que facer laboralmente nestes días festivos no resto do Estado. A festividade da Constitución causa unha fenda no seo da sociedade catalá, xa que son moitas das persoas que non saben como actuar e se acudir ou non aos seus postos de…

O Estado español comeza a construción da maior cárcere de Europa

O obxetivo será que poida dar cabida a todas as independentistas do estado. O Ministerio de Interior vén de dar luz verde ao macroproxecto máis grande desde a aprobación da Cidade da Cultura de Compostela e estará supervisado por un curmán de Calatrava. A macrocárcere que contará cunha capacidade de 2’5millóns de reclusos independentistas e…

Puigdemont reúnese con flamencos en Bélxica

O president de Catalunya mantivo no día de onte unha xuntanza e tamén botou uns bailes. Carles Puigdemont está en Bruxelas, así o confirmaban na mañá de onte diferentes medios de comunicación. O que ate o de agora non era sabido era o por que deste viaxe. Ao longo do día especulouse con diferentes posibilidades…

Independentistas radicais deciden atacar ás porras coas súas cabezas

Non contentos con ir a votar libremente, os radicais cataláns están a cargar contra os pacíficos policías recén saídos dun parque temático. Durante as primeiras horas do día de hoxe estase a vivir en Catalunya o clima de crispación e violencia pronosticado polo Estado español. Violentos radicais armados coas súas cabezas están a atacar indiscrimimadamente…

Clausuran un Eroski en Catalunya por ter urnas para o sorteo dun xamón

A Garda Civil requisou tanto as caixas de votación como as papeletas dos participantes no sorteo. Na mañá de onte, e durante un servicio rutinario da Garda Civil na vila de Terrassa, a parella da Benemérita localizou dentro dun Eroski, cando menos dúas urnas, que no momento foron requisadas, poñendo e alerta tanto á Fiscalía…