Internacional

O Estado español comeza a construción da maior cárcere de Europa


O obxetivo será que poida dar cabida a todas as independentistas do estado.

O Ministerio de Interior vén de dar luz verde ao macroproxecto máis grande desde a aprobación da Cidade da Cultura de Compostela e estará supervisado por un curmán de Calatrava.

A macrocárcere que contará cunha capacidade de 2’5millóns de reclusos independentistas e que podería chegar ao 4millóns de ser preciso estará construída en Murcia, xa que a ninguén lle importará.

Tal e como apuntan fontes confidenciais o centro penitenciario irá destinado fundamentalmente a independentistas, sen facer diferenciación entre a súa procedencia, máis todo apunta a que, segundo o desenvolvemento do caso catalán, serán estes os primeiros en ingresar neste complexo.

O centro penitenciario contará con todo tipo de avances tecnolóxicos que serán utilizados para curar aos presos da súa enfermidade independentista, contando entre outras cousas cunha sala de visionado continuo de películas de Berlanga, así como talleres de costura de bandeiras españolas, pre- e post- constitucionais que logo serán subastadas por Ebay.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.