O president de Catalunya mantivo no día de onte unha xuntanza e tamén botou uns bailes.
Carles Puigdemont está en Bruxelas, así o confirmaban na mañá de onte diferentes medios de comunicación. O que ate o de agora non era sabido era o por que deste viaxe.
Ao longo do día especulouse con diferentes posibilidades sobre a marcha do president e 5 dos seus consellers ao país europeo. Desde peticións de asilo a vinculacións etarras coparon as cabeceiras dos xornais dixitais.
En cambio a viaxe tivo outro obxectivo ben distinto, era xuntarse con flamencos, desta volta en terreo neutral para dialogar con calma sobre o futuro da república catalana.
A xuntanza, que tivo un ton distendido estivo amenizada por música de guitarras españolas e bailes, dos que tamén participou Puigdemont.
Entre as peticións que os flamencos fan ao Govern catalán para mostrar publicamente a súa axuda ao procés estaría a volta das touradas á Catalunya, así como taxas impostivas menores aos tablaos flamencos dentro do país catalán.
Non se sabe polo de agora, se está xuntanza co sector flamenco serviu ou servirá para destensar a corda co Estado español, ou cando menos coa Junta de Andalucía, o que si parece claro é que o Govern volve a mover ficha cara o que ninguén se esperaba, e agora será o momento do executivo central de mostrar ata onde é capaz.