O duro traballo de CCOO nas negociacións coa patronal permite unha subida “necesaria” segundo os monarcas.
A Monarquía española aumentará a partir do vindeiro ano á súas percepcións salariais nun 1.5%, polo que o actual rei pasará a percibir preto dos 250.000€ euros anuais, un salario “case digno” segundo fontes da Casa Real.
En cambio e pese as duras negociacións, o que practicamente non varía é a fenda salarial en relación homes-mulleres da casa do rei, posto que a raíña cobrará exactamente un 55% menos co rei polo mesmo traballo, mentres que en situación idéntica se atopa a anterior raíña, Sofía, que recibirá en torno aos 110.000€ polos case 200.000 que percibirá o rei emérito, don Xoan Carlos de Borbón.
Ante esta situación, o colectivo de mulleres da Casa Real, comezará a realizar accións de cara a visibilizar esta fenda. Como primeiro acto, ámbalas dúas raíñas sentarán as bases para un novo convenio máis equitativo pero desta volta coa patronal de Arabia Saudí, para quen a Monarquía presuntamente leva traballando desde hai anos.
Preguntada á ministra de Igualdade polo feito de que as mulleres da Casa Real cobren menos, a socialista Carmen Calvo, a que tamén é a vicepresidenta do Goberno, anuncia unha investigación ao respecto e espera que pronto se solucione cunha nova suba económica para a realeza.