Internacional

Trump pide armar aos alumnos para evitar ataques de profesores


Donald Trump pide armar aos alumnos despois do último ataque nunha escola norteamericana perpetrado por un profesor armado.

Os episodios de violencia armada multiplícanse nos Estados Unidos. Despois das matanzas cometidas por diversos alumnos en institutos americanos o presidente indicou que para evitalas debéranse armar os profesores. Días despois foi un profesor o que encañonou os seus alumnos polo que o presidente tivo que saír de novo á palestra e propor que tamén se debera armar aos alumnos ante os posibles ataques de profesores trastornados.

Voceiros da Casa Branca indicaron que a escalada armamentística non ten porque ser mala. “Si vuelve a haber incidentes propondremos dotar a los profesores con un tanque. Si profesores armados con un tanque dispararan a alumnos propondremos que éstos tengan helicópteros Apache y si los usan para atacar a los profesores sugeriremos que éstos tengan misiles Tomahawk que, a su vez, si fuesen utilizados contra los alumnos estos serían provistos de una cabeza nuclear”, indicaron. “Como ven hay mucho margen de maniobra”, engadiron.

A industria armamentística subiu varios centos de millóns de euros na bolsa estadounidense e xa anunciaron que comprarán todas as máquinas expendedoras para cambiar as chuminadas por Magnums 45.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.