Así o anunciaba a pasada noite nunha coñecida tertulia televisiva. O exalcalde da Coruña, defendía en riguroso directo “o dereito a falar e que á xente lle falen como Dios manda”, repetindo así o que foi para el unha loita histórica na cidade herculina, que todo o mundo lle chamara polo seu nome orixinal, La Coruña….
Categoría: Economía
Atopan unha SICAV no colchón dun eurodiputado
As sorpresas non paran de chegar dende Bruxelas onde hoxe mesmo acaba de trascender que un deputado tiña unha Sicav no colchón do seu dormitorio. O deputado, do que aínda non transcendeu o nome, aclarou a través dun voceiro que “En Luxemburgo no se llaman Sicav, no porque la traducción de la Sicav allí se llame…
Inditex subcontratará servizos a países que a súa vez subcontraten os servizos
A empresa de Amancio Ortega pretende así expandir os seus dominios a nivel mundial de maneira definitiva. No día de onte en rolda de prensa, o actual Presidente de Inditex, Pablo Isla, confirmaba os seus plans de dominación mundial, mediante unha nova técnica de subcontratación masiva. A idea parte da base de que o grupo Inditex podería…
Substitúen o ERE por unha loita de gladiadores entre os empregados de NGB e Etcheverría
Logo de que a Comisión Europea dera “luz verde” ó proxecto revisado de reestruturación de NCGB, aprobouse en xunta extraordinaria convocar a case 4.000 empregados de NCGB e Banco Etcheverría para asistir a unha reunión no Coliseum da Coruña hoxe sábado 21 de xuño. A nota da convocatoria de reunión non especificaba o contido da…
Fomento multará con 600 € a quen leve alguén no colo
O Ministerio que dirixe Ana Pastor anunciou a medida para loitar contra “la lacra del transporte ilegal” O voceiro do ministerio advertiu aos usuarios que ir no colo dalguén non conta coa autorización de transporte e que incurrirían en “infracción muy grave” que conleva multas de 600 euros que están recollidas na Lei de Ordenación dos…
Millóns de moedas de euro caducarán nos próximos días
Arias Cañete ofrécese a comelas Millóns de moedas de euro, dous euros e céntimos caducarán próximamente debido á abdicación de Juan Carlos I. Desde a Unión Europea indican que coa abdicación do rei terán menos valor que un iogurt caducado. Ante tal afirmación o exministro e actual eurodiputado Miguel Arias Cañete ofreceuse a comelas todas…
A SAREB rescatará o Banco dos Acusados
A Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria (Sareb) procederá ao rescate do Banco dos Acusados xa que a multitude de imputados que o utilizan abocaríao á quebra ao non aguantar tanto peso. Segundo transcendeu esta mañá unha cantidade cercana aos 20.000 millóns de euros van ser transferidas desde fondos do Tesouro procedentes do…
Atopan un túnel que une a sede do PP con Suíza
Obreiros que traballan na ampliación do metro de Madrid acaban de informar de que atoparon un túnel que comunicaba a sede da rúa Génova coa banca suíza. Segundo parece a infraestrutura foi realizada mediante colaboración público-privada semellante a utilizada como modelo para a construción de autoestradas e hospitais e permitía unha alta capacidade de persoas….
Roxos e separatistas empobrécense adrede para fastidiar ao goberno
Segundo publica a Fundación FAES habería centos de miles de “rojos y separatistas” que se “empobrecerían a propósito” para deslixitimar as cifras macroeconómicas do Goberno do PP coa intención de romper España. O informe califica de “polpotista” a Caritas, ONG católica, que a pasada semana publicou un informe que puña en cuestión a recuperación económica no estado…
Enerxía Galega + ficha a Lendoiro como asesor técnico para o seu consello directivo
A nova empresa distribuidora de enerxía eléctrica galega, súmase ao carro dos asesores de renome coa incorporación do expresidente do Deportivo da Coruña. Despois de deixar atrás anos como presidente do clube de fútbol galego, Augusto César Lendoiro mostrábase moi contento ante esta nova oportunidade que se lle presenta.“É para min unha honra formar parte…
A Xunta venderá en eBay parte do CHUVI
Anunciouno a conselleira de Sanidade nun simposio sobre Privatización 2.0 Onte clausurouse un novo simposio para cargos populares que impartiu as FAES. A Conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia amosouse entusiasmada pola charla e xa acordou co presidente a privatización de parte da sanidade a través da internet. ‘Escollimos eBay por se unha plataforma…
Feijoo anuncia a construción dun flotel de porcelana en Sargadelos
Feijoo anuncia a medida pouco despois de coñecerse a suspensión de pagos da histórica fábrica de cerámicas. A medida anunciouse na habitual comparecencia do presidente despois do Consello da Xunta deste xoves. Nela Feijoo anunciou aos medios que ían tratan de salvar Sargadelos mediante un acordo cunha petroleira mexicana que construirá un flotel de porcelana…
