Un feito insólito ocorrido este pasado fin de semana na contorna da vila natal de Rosalía, Padrón. Dous turistas madrileños que probaban as bondades e sabores dos ilustres pementos da vila, daban conta do sucedido, do que aínda non daba creto. Dous pementos de Padrón consecutivos picaban. Non é a primeira vez que ocorre algo…
Categoría: Ciencia
Clonan un diplodocus para facer unha macro-churrascada
A división científica de Carnelao acaba de facer realidade a ensoñación de Spielberg en Parque Xurásico e conseguiron a clonación dun exemplar de diplodocus (xénero dos saurópodos diplodócidos) que habitou no noso país hai uns 150 millóns de anos. O xenoma foi atopado nun galpón de Chandrexa de Queixa e rapidamente foi remitido ao Centro…
Wert modificará por lei a suma para que coincida cos cálculos do PP
Anunciouno a voceira do goberno na rolda de prensa habitual dos venres. Soraya Saenz de Santamaría dixo que dende o goberno non vían máis opción para salvar a economía española que recurtar a suma. Un comité de expertos asesorado por un reputado experto en cálculo elaborou un informe que será engadido á nova Lei de…
Os habitantes de Compostela mutarán nos próximos 10.000 anos
Investigadores da USC e do Campus do Mar da Coruña descobren que a forma polimórfica do ADN das e dos habitantes composteláns está a sufrir pequenos cambios debido ao contacto coa auga. Despois de dez anos de investigación, presentábase onte en Compostela o primeiro dossier do informe “PEIXEFRESCUM”, no cal estudosos da universidade de Santiago…
Jácome candidato ao Nobel de Química polos cálculos electorais no Concello de Ourense
Segundo informan as axencias internacionais o edil ourensán recibiu hoxe pola tarde a nominación ao Nobel de Química. Todo comezou cos cálculos electorais que Jácome realizou nun programa de televisión na cadea da súa propiedade. Os cálculos espertaron a curiosidade de destacadas celebridades das matemáticas e da física. Nun primeiro momento pensouse que a nominación…
Últimas clases da Teoría da Evolución
A polémica materia de Coñecemento do Medio e a súa teoría da evolución de Darwin ten os días contados. O ministro de Educación, José Ignacio Wert, anunciará hoxe no Congreso, previsiblemente, a supresión desta materia do currículo académico durante a súa primeira comparecencia na Cámara Baixa na que exporá as reformas educativas que abordará nesta…
