A Universidade Rei Juan Carlos detecta centos de teses que comezan por Lorem ipsum
Actualidade

A Universidade Rei Juan Carlos detecta centos de teses que comezan por Lorem ipsum

As teses poderían corresponder a cargos dun partido conservador que tivo responsabilidades de goberno ata hai pouco Na Universidade Rei Juan Carlos no gañan para desgustos e vense de coñecer que hai centos de teses que comezan por Lorem ipsum o que fai temer aos seus responsábeis que os doutorados que obtiveron o seu título … Seguir lendo

Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense
Ciencia

Un estudo xenético revela que os vigueses son todos de Ourense

Científicos da USC en colaboración con universidades británicas conclúen que os habitantes de Vigo presentan os mesmos patróns xenéticos que os de Ourense Tamén atoparon nalgúns indivíduos patróns procedentes de Portugal Un grupo de investigación acaba de presentar un estudo que fala dos patróns de diferenciación xenética e as pegadas das migracións nos que a … Seguir lendo

A negación de Pedro Sánchez a virar á esquerda fai que se perda en Washington
Política

A negación de Pedro Sánchez a virar á esquerda fai que se perda en Washington

Unha tensa disputa entre o líder do PSOE e o seu GPS acabaron co “socialista” na outra punta da gran urbe norteamericana. O convite da George Mason University de Washington a dar unha palestra polo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acabou nunha tensa loita de egos, segundo apuntan fontes próximas á comitiva, na cal o deputado … Seguir lendo

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ofertará un Grao en Feísmo
Cultura

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña ofertará un Grao en Feísmo

O conselleiro de Cultura sentenciou que ‘nestes tempos austeros por que non imos poder restaurar a Catedral de Santiago con Uralita ou meterlle un pouco de bloque a muralla de Lugo’ Representantes da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña compareceron onte en rolda de prensa para anunciar un novo Grao en Feísmo. Os reponsábeis da … Seguir lendo