O próximo Salvados denunciará malas prácticas no sector agrícola que teme un retraemento económico tras coñecerse os seus segredos. O sector da agricultura vegana está a tremer despois do anuncio da inminente emisión dun novo programa de Salvados no que o xornalista Jordi Évole analizará as sombras do sector vegano no estado Español. No programa … Seguir lendo
Tag Archives: vegana
Van a folga tras anunciar a empresa que a cea de nadal vai ser nun restaurante vegano
A plantilla dunha empresa de servizos informáticos con sede na cidade de Lugo ven de anunciar que estarán de folga indefinida tras o anuncio do xefe de que este ano a tradicional cea de nadal celebraríase nun restaurante vegano. Segundo puido saber este medio a cea, como ven sendo habitual nos últimos tempos, ía ser … Seguir lendo
Celébrase a primeira matanza vegana
Un grupo de veganos emula a tradición galega e celebra a primeira matanza vegana en Galiza. É tradición no noso país celebrar a matanza do porco a partir do 11 de novembro, data do San Martiño, patrono de Ourense e protagonista do dito popular ‘A todo porco chégalle o seu San Martiño’. Desexosos de celebrar … Seguir lendo
Unha redada en Ortigueira incauta máis de 4000 cans e 7000 flautas
A Policía Nacional realizou na xornada de onte unha redada nos arredores da vila de Ortigueira, onde nestes días se celebra o popular festival do Mundo Celta, e onde se dan cita milleiros de persoas, moitas delas, segundo o responsable do corpo de policía son “de aspecto dudoso”. Na redada, ademais doutros artigos que as … Seguir lendo