Baixo o lema ‘Xuntos somos máis fortes’ as centrais sindicais estatais e o PP convocan manifestacións este 1º de maio nas principais cidades galegas. Despois do preacordo alcanzado coas centrais sindicais CCOO e UGT o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acaba de anunciar que o Partido Popular participará nas manifestacións do primeiro de … Seguir lendo
Tag Archives: folga
Un home foi capaz de facer dúas cousas á vez porque a súa parella estaba de folga
Por primeira vez na historia un home é capaz de realizar dúas cousas á vez forzado pola ausencia da súa compañeira que estaba a participar na folga feminista do 8 de marzo. Científicos de todo o mundo están a estudiar o caso de Andrés F. R., de Coristanco, que pasará a historia por ser o … Seguir lendo
Van a folga tras anunciar a empresa que a cea de nadal vai ser nun restaurante vegano
A plantilla dunha empresa de servizos informáticos con sede na cidade de Lugo ven de anunciar que estarán de folga indefinida tras o anuncio do xefe de que este ano a tradicional cea de nadal celebraríase nun restaurante vegano. Segundo puido saber este medio a cea, como ven sendo habitual nos últimos tempos, ía ser … Seguir lendo
Vacas en Sarria convocan unha folga
Colectivos de vacas leiteiras de Sarria convocaron unha folga este martes, que afectará a todos as granxas da contorna da vila, segundo informou este luns o sindicato de vacas roxas. O conflito laboral que arrastra o sector leiteiro galego explicítase en parte polos baixos prezos do leite pero por outra banda debido ao fracaso das … Seguir lendo