“E vaino pagar Florentino”, asegurou Abel Caballero. O novo Dinoseto, que a finais de 2017 será instalado no barrio do Calvario, na cidade de Vigo, será fabricado con 100% herba do Santiago Bernabeu. Así o expuxeron en rolda de prensa membros da empresa de xardinería subcontratada polo Concello e que se encarga do mantemento de … Seguir lendo
Category Archives: Dinoseto
O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE
Soa para a carteira de Medio Ambiente. O Dinoseto encabezará a papeleta ao Congreso pola provincia de Pontevedra en representación do PSdeG-PSOE o vindeiro 26X. O arbusto que forma parte do círculo de confianza de Pedro Sánchez, mostrouse ilusionado pola oportunidade que se lle brinda na repetición dos comicios. Aínda que a súa candidatura non será oficial … Seguir lendo
Whatsapp creará o emoticono do Dinoseto
Compartirá espazo co resto de emojis animais da aplicación. No día de mañá una nova actualización da aplicación líder en mensaxería traerá cambio “atractivo, sobre todo para o público vigués. Nestes termos se expresaba Mark Zuckerberg, dono de Facebook e desde o pasado febreiro de 2014 tamén de Whatsapp. “Decidimos introducir entre os nosos Emojis(iconos de Whatsapp) … Seguir lendo