O Bloque Nacionalista Galego buscará o contacto directo cos seus votantes e cítaos a todos no Avante. Segundo fontes próximas á organización nacionalista non teñen previsto reservar o local para eles porque haberá sitio de sobra. Así o manifestaron nunha circular interna que non chegou a todas as organizacións que aínda compoñen o BNG. Isca! … Seguir lendo
Tag Archives: 26x
Quintuplícanse a demanda de artigos sadomasoquistas
Na noite do 26 de xuño alcanzouse o máximo histórico nas vendas e encargos de artigos sadomasoquistas. As web especializadas neste tipo de artigos alcanzaron un novo teito nas demandas dos seus productos. Segundo informou a patronal que agrupa ao gremio de vendedores de productos de sadomaso o pico da demanda coincidiu ás 22:00, momento … Seguir lendo
A campaña máis austera comeza cunha colada de cartaces con mocos
Os partidos galegos deron o pistoletazo de saída á campaña electoral dun xeito austero e autosuficiente. Pasadas as 0.00 da noite deu comezo unha nova campaña electoral, nas que a austeridade terá un papel fundamental. Por isto a maioría dos partidos e coalicións decidiron dar un primeiro paso colando os seus cartaces electorais cos seus … Seguir lendo
Ciudadanos ficha a Arturo ‘Chatín’ Fernández
Despois das incorporacións de Felisuco e Agustín Bravo o actor será o novo referente do partido laranxa. Este mércores faranse oficiais no BOE as listas provisionais dos partidos políticos, pero parece que Ciudadanos é o encargado de darlle emoción mentres tanto coa presentación dos seus representantes. A formación máis interesante, no que a novidades se … Seguir lendo
O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE
Soa para a carteira de Medio Ambiente. O Dinoseto encabezará a papeleta ao Congreso pola provincia de Pontevedra en representación do PSdeG-PSOE o vindeiro 26X. O arbusto que forma parte do círculo de confianza de Pedro Sánchez, mostrouse ilusionado pola oportunidade que se lle brinda na repetición dos comicios. Aínda que a súa candidatura non será oficial … Seguir lendo