O Partido Popular lanzou a pasada semana unha serie de videos baixo o título “Camiñando rápido”. Neles pódese ver ao presidente Mariano Rajoy trotando e dando a coñecer varios dos seus aspectos máis persoais. O PP ten previsto reproducir estes videos de campaña por todas as capitais de provincia pero vai excluír da xira a … Seguir lendo
Tag Archives: Pontevedra
O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE
Soa para a carteira de Medio Ambiente. O Dinoseto encabezará a papeleta ao Congreso pola provincia de Pontevedra en representación do PSdeG-PSOE o vindeiro 26X. O arbusto que forma parte do círculo de confianza de Pedro Sánchez, mostrouse ilusionado pola oportunidade que se lle brinda na repetición dos comicios. Aínda que a súa candidatura non será oficial … Seguir lendo
Allariz utilizará un hipopótamo na próxima Festa do Boi
A próxima Festa do Boi en Allariz contará cun hipopótamo que percorrerá as calles da vila alaricana. A asociación cultural Xan de Arzúa, entidade que se encarga da organización da Festa do Boi, anunciou que para o ano próximo contarán cun hipopótamo que correrá pola rúas da vila e fará as delicias de turistas e … Seguir lendo
Declaran a Rajoy “Persona muy rata” en Pontevedra
O presidente do goberno en funcións é nomeado “persona muy rata” na súa cidade natal. Na mañá de onte o pleno do Concello de Pontevedra, reunido no Teatro Principal, acordaba cos votos de BNG, PSOE e Marea de Pontevedra, nomear a Mariano Rajoy “persoa moi rata”. Os recentes feitos, polos cales un goberno en funcións, con … Seguir lendo
Comproban experimentalmente que Rajoy ten a cara moi dura
A terrible agresión sufrida polo presidente do goberno constata empíricamente un feito sobre o que existían sospeitas fundadas. O presidente Mariano Rajoy sufriu na tarde do mércores unha agresión na Praza da Peregrina da cidade de Pontevedra. Un mozo de 17 anos achegouse ao presidente e propinoulle un golpe que tería tumbado un becerro de tamaño medio. … Seguir lendo
A Brilat de Pontevedra cederá voluntariamente militares que vixíen e defendan a Cruz do Castro de Vigo
Así o confirmaba o xeneral Luís Cebrián en rolda de prensa a pasada mañá. A base de Figueirido, en Pontevedra aportará unha pequena división de homes a O Castro, en Vigo, para que escolten, vixíen e defendan, en caso de ser preciso a Cruz dos Caídos que se levanta no monte vigués. Cinco membros da … Seguir lendo
O Lores: “Pontevedra non cheira mal”
O alcalde de Pontevedra responde contudente ante as críticas sobre o olor da súa cidade Coñecido é a gran problemática que asolaga á cidade do Lérez. A fábrica de celulosa que Ence mantén na ría de Pontevedra e o olor que desprende ten posto en pé de guerra máis de unha vez a poboación. Unha … Seguir lendo