Unidos Podemos ten previsto constituír unha nova coalición con Esquerda Unida e Podemos de cara as eleccións estatais. O brusco descenso das espectativas electorais da formación que lidera Pablo Iglesias está a provocar grandes debates na formación morada. Para tratar de remontar nas enquisas, Pablo Echenique, responsable de organización da formación, ven de presentar un … Seguir lendo
Tag Archives: Esquerda Unida
En Marea instalará detectores de metais no seu plenario
A organización rupturista tomará medidas para que os seus militantes non se maten. O plenario de En Marea celebrarase este 15 de xullo no Pazo de Exposicións e congresos de Santiago de Compostela e as augas baixan revoltas debido aos embates que a nova corrente ‘Recuperar En Marea’ formada pola Marea Atlántica, a parte máis … Seguir lendo
En Marea terá un subgrupo dentro do grupo de Podemos que non será un grupo senón un grupo de grupos
As formación que integran En Marea considera que a cousa xa queda suficientemente clara e non darán máis explicacións. O culebrón da última semana que protagonizou a posibilidade de que En Marea tivera grupo propio no congreso zanxouse na tarde de onte coa integración de todos os deputados da formación no grupo de Podemos. Segundo … Seguir lendo
Esquerda Unida Vigo colaborará con AGAL para a campaña das municipais 2015 na cidade olívica
Esquerda Unida Vigo e AGAL chegaron nos últimos días a un principio de acordo para un traballo conxunto de cara as próximas eleccións municipais de 2015. Así o confirmaba este sábado Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida en Galiza, dentro do marco das palestras “por un novo país” nas que participaban colonizadores españois … Seguir lendo