Bautista Álvarez proporálle ao BNG un centro de reeducación para feministas explícitas

O expresidente da UPG fará unha ponencia na asemblea do BNG para a creación dun centro de reeducación para as feministas nacionalistas que se están a volver demasiado explícitas. A polémica xurdida pola negativa do medio voceiro da UPG, Terra e Tempo, a publicar unha serie de artigos do home que leva o nome da súa…

A asemblea do BNG escollerá entre o pleistoceno e o paleolítico

Os militantes da organización frontista poderán escoller entre dúas teses políticas: unha pleistocénica e outra paleolítica. Agárdase que a militancia se decante polo texto paleolítico xa que é moito máis moderno e, cando menos, xa existían humanos nese período. Bautista Álvarez xa anunciou que se decantará polo pleistoceno e defenderá abrir a organización aos trilobites…

Paco Rodríguez despreza a Bildu por españolista

O último artigo do Terra e Tempo carga duramente contra a formación vasca tralo pacto con IU no Congreso español. Como xa sucedera despois dos comicios europeos de 2014 Paco Rodríguez volve a exhaltarse criticando á formación vasca, no que o veterano dirixente da UPG tilda de vergoña españolista a actitude da formación no Congreso español ao pactar…

A dirección do BNG acusa a EH-Bildu de españolista

A nova aparecida no diario Gara onde se anunciaba unha Fronte Basca con EH-Bildu, Podemos e IU, causou unha indixestión de muesli a Paco Rodríguez e que Bautista Álvarez aparecese cun tractor-cisterna de Cloro na sede Nacional do BNG para fumigar ós posibles infectados durante a pasada campaña das eleccións europeas. A irritación da dirección…