Visto que o Bloque non se atreve a facer movementos internos nestas datas tan convulsas para a formación nacionalista decidiron solicitar o apoio ao rival electoral para facer o traballo. O que fora secretario xeral da UPG solicitoulle formalmente a Breogán Riobóo que bote do BNG a Aymerich. Segundo explicaron fontes próxima á fronte nacionalista non … Seguir lendo
Tag Archives: paco rodriguez
Paco Rodríguez despreza a Bildu por españolista
O último artigo do Terra e Tempo carga duramente contra a formación vasca tralo pacto con IU no Congreso español. Como xa sucedera despois dos comicios europeos de 2014 Paco Rodríguez volve a exhaltarse criticando á formación vasca, no que o veterano dirixente da UPG tilda de vergoña españolista a actitude da formación no Congreso español ao pactar … Seguir lendo
O artigo de Paco Rodríguez no Terra e Tempo era unha inocentada
A UPG acaba de emitir un comunicado no que din que o polémico artigo ‘era broma’. A Unión do Pobo Galego, partido maioritario do BNG, remitiu a prensa unha comunicación no que explicaba que o artigo publicado polo seu exsecretario Francisco Rodríguez era unha, en realidade, unha broma do día 28 de decembro. ‘Foi unha … Seguir lendo
A UPG anuncia a creación da conta de Twitter de Paco Rodríguez
A conta de twitter que será nomeada como @paquiñoUPG e servirá para inserir na rede de microblogging os pensamentos do histórico líder comunista. A organización galega integrada no BNG, confírmaba hoxe a creación da conta de Twitter do seu principal ideológo Francisco Rodríguez coa pretende dar un empurrón tanto á mala xeira de resultados do … Seguir lendo
A dirección do BNG acusa a EH-Bildu de españolista
A nova aparecida no diario Gara onde se anunciaba unha Fronte Basca con EH-Bildu, Podemos e IU, causou unha indixestión de muesli a Paco Rodríguez e que Bautista Álvarez aparecese cun tractor-cisterna de Cloro na sede Nacional do BNG para fumigar ós posibles infectados durante a pasada campaña das eleccións europeas. A irritación da dirección … Seguir lendo
Jorquera e o BNG apostan pola fronte ampla
Esa será a proposta do BNG de cara o vindeiro ano, frontes amplas ou entradas incipientes. Segundo o comunicado feito público polo propio BNG, a “alopecia galopante ameaza a tódolos sectores da sociedade e como representante dela queremos por de manifesto a noso compromiso coa clase traballadora”. Por estes motivos, desgrana o BNG, “as figuras … Seguir lendo