O alcalde de Pontevedra responde contudente ante as críticas sobre o olor da súa cidade
Coñecido é a gran problemática que asolaga á cidade do Lérez. A fábrica de celulosa que Ence mantén na ría de Pontevedra e o olor que desprende ten posto en pé de guerra máis de unha vez a poboación.
Unha loita que as veciñas e veciños de Pontevedra manteñen desde hai decadas e que a xustiza xa resolveu ao seu favor, pero que continúan a padecer. Un dos principais motivos, que esta fábrica sexa un dos principais motores económicos da cidade.
Por outra banda as políticas de fomento de turismo xeradas pola alcaldía, que rexenta o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, baten de fronte coa realidade olfativa e social da cidade.
Deste xeito, durante a presentación esta mañá da nova campaña de fomento do turismo, Lores deixaba claro que a súa opnión non pasa polo desmantelamento da celulosa e afirmaba sen pudor que “Pontevedra non cheira mal, e o que diga o contrario que mo diga á cara ou se deixe de caralladas”. Así daba por pechado o tema e avisaba “como me sigan tocando o carallo co tema, que se preparen”.
Pingback: A dirección do BNG acusa a EH-Bildu de españolista | Tempos Galegos