O alcalde de Lalín, e por agora militante de Compromiso por Galicia, vén participando de diferentes actos da formación frontista, o último a súa asistencia ao peche da asemblea nacional do BNG. A elección da executiva do Bloque Nacionalista Galego, na que 11 das 19 persoas que a compoñen son mulleres tivo xa o seu efecto … Seguir lendo
Tag Archives: rafa cuiña
O TOP 10 dos máis regalados neste #SanValentín2017
Desde TemposGalegos recollemos en primicia mundial os 10 regalos máis agasallados en Galiza neste 2017 durante o día dos namorados. 1. Alpacadora O agasallo máis regalado neste pasado San Valentín, as alpacadoras, concretamente as da marca John Deere, foron o regalo estrela desta temporada. E é que non hai parella que se queira que non pensase … Seguir lendo
Atopan en Lalín unha vaca que ri
A vaca foi atopada soa nunha leira e rindo a cachón. A noticia corre como a pólvora polas redaccións a nivel internacional, e é que unha vaca que ri, polo de agora tan so se atopara nunha ocasión, a cal acabou sendo triturada para converter en snacks de queixo. A vaca, que pacía soa nunha leira da … Seguir lendo
CxG denuncia que a Festa do Cocido estivese chea de porcos españois
O candidato a alcaldía da vila de Lalín pola formación galeguista, Rafael Cuíña, denuncia que a festa do cocido estivese chea de porcos procedentes de España, e que incluso algúns dos animais tamén o fosen. A denuncia, feita publica perante os medios de comunicación congregados para dar cobertura aos actos de ensalzamento do cocho lalinense, … Seguir lendo
Rafa Cuíña rociará Lalín con Varon Dandy para quitar o olor a cocho se sae elixido alcalde
Así o anunciará durante a mañá de hoxe nunha rolda de prensa convocada na capital do Deza. Rafael Cuíña, fillo do que fora Conselleiro de Obras Públicas en tempos de Don Manuel, Xosé Cuíña, é o candidato de CxG á alcaldía do concello de Lalín, cargo que xa ostentou seu paí aló polos anos 80. Cuíña … Seguir lendo
Filipe Díez trolléase a si mesmo e provoca a implosión dun servidor de Twitter
O coñecido blogger político Filipe Díez provocou onte unha implosión na súa conta de twitter ao responderse a si mesmo e contestarse varias veces seguidas. Segundo informa Twitter o número de respostas e a frecuencia das mesmas fixo saltar polos aires un dos servidores ibéricos da coñecida rede social. Resultaron danados no incidente a conta … Seguir lendo