Rafa Cuíña plantéxase o cambio de sexo para entrar no BNG

O alcalde de Lalín, e por agora militante de Compromiso por Galicia, vén participando de diferentes actos da formación frontista, o último a súa asistencia ao peche da asemblea nacional do BNG. A elección da executiva do Bloque Nacionalista Galego, na que 11 das 19 persoas que a compoñen son mulleres tivo xa o seu efecto…

O TOP 10 dos máis regalados neste #SanValentín2017

Desde TemposGalegos recollemos en primicia mundial os 10 regalos máis agasallados en Galiza neste 2017 durante o día dos namorados. 1. Alpacadora O agasallo máis regalado neste pasado San Valentín, as alpacadoras, concretamente as da marca John Deere, foron o regalo estrela desta temporada. E é que non hai parella que se queira que non pensase…

Atopan en Lalín unha vaca que ri

A vaca foi atopada soa nunha leira e rindo a cachón. A noticia corre como a pólvora polas redaccións a nivel internacional, e é que unha vaca que ri, polo de agora tan so se atopara nunha ocasión, a cal acabou sendo triturada para converter en snacks de queixo. A vaca, que pacía soa nunha leira da…

CxG denuncia que a Festa do Cocido estivese chea de porcos españois

O candidato a alcaldía da vila de Lalín pola formación galeguista, Rafael Cuíña, denuncia que a festa do cocido estivese chea de porcos procedentes de España, e que incluso algúns dos animais tamén o fosen. A denuncia, feita publica perante os medios de comunicación congregados para dar cobertura aos actos de ensalzamento do cocho lalinense,…