O adestrador do Celta indicou o pasado domingo que marchaba do clube. Aínda que a situación parece non ter nada que ver coa venda do estadio de Balaídos, fontes do clube indican que o destino do adestrador podería estar nun concello limítrofe con Vigo. “Podería ser a avanzadilla do estadio”, declaran fontes próximas a Abel … Seguir lendo
Tag Archives: Portugal
Portugal gaña o debate das primarias do PSOE
O aspirante Salvador Sobral desbancou dialécticamente aos seus rivais cun discurso de esquerda e ruptura. O debate do PSOE, inserido no que están a ser as primarias que decidirán o vindeiro secretario xeral da formación socialista, rematou cun claro vencedor na mañá de onte. Este non foi outro que o home de moda na península … Seguir lendo
Galicia Bilingüe escandalízase porque Eurovisión permita cantar en reintegrata
Veciños de Vigo alarmáronse cando, ás 21:53 horas, segundos despois do comezo da actuación de Portugal no festival de Eurovisión, unha voz rota gritou desesperada “Nooooooooooooo!” A alarma inicial veuse reducida cando o primeiro berro foi seguido de “En reintegrata, noooooooooooooo!” momento no que a veciñanza xa se deu conta de que os berros poderían proceder da vivenda de … Seguir lendo
Portugal pecha as súas fronteiras farta de tantos españois
O goberno de Portugal establece un peche temporal fronteirizo durante esta semana. Portugal está farta dos españois, así de frío se mostrou o primeiro ministro luso na rolda de prensa na que explicou de xeito pormenorizado como o país irmán pechará os seus pasos fronteirizos a todas as persoas españolas durante esta semana. O goberno … Seguir lendo
Vigueses mallan a ourensáns e portugueses para recuperar a praia de Samil
Un grupo de vigueses lanzouse a recuperar a praia de Samil para os habitantes da cidade olívica. A batalla rematou en matanza. As augas do atlántico tinguíronse de vermello despois da liorta que se viviu en Samil onte pola tarde cando un grupo de persoas chegou a praia armados con paus, arpóns e mazas para … Seguir lendo
Pedro Sánchez: “Menos mal que nos queda Portugal”
O líder dos socialistas desprazouse a Lisboa para pedir aconsello e acubillo ao seu homólogo portugués. Pedro Sánchez visitaba no día de onte ao líder dos socialistas portugueses, Antonio Costa, nun encontro calificado polos medios para buscar consello político, e ver formas de gobernar un país desde o “socialismo”. En rolda de prensa Sánchez expresouse … Seguir lendo
Carlos Príncipe: “Je suis Charlie, cona”
O que fora alcalde de Vigo, Carlos Príncipe, quere amosar a súa ledicia pola resposta cidadá na rúa en contra das decisións tomadas polo aparataxe do PSOE co cal se acabou coa súa militancia política na formación política. Despois de que nesta semana Carlos Príncipe desvelase que a executiva federal do PSOE decidíse expulsalo por … Seguir lendo
Jordi Évole fará un especial Salvados sobre o Celta de Vigo
O presentador catalán servira de nexo argumental nun programa que tratará sobre a temporada do equipo celeste. “Salvados” dedicará o seu programa do próximo domingo, que se emite ás 21:30 na Sexta, ao Celta, o equipo de vigués que “xoga que se las pela”. O programa presentado e dirixido por Jordi Évole centrarase nos casos … Seguir lendo
Ante os temores de secesión de Vigo, Ourense reclamará dereitos sobre a Praia de Samil
Despois das últimas novas que vinculan o futuro de Vigo á consulta popular, e ante as posibilidades reais de que a cidade olívica se anexione a República de Portugal, Ourense iniciará os trámites para reclamar os dereitos adquiridos sobre a praia de Samil. A praia de Samil, ubicada na costa viguesa é o enclave turístico … Seguir lendo
Vigo pedirá en referendo a adhesión a Portugal
Polo menos douscentos cincuenta mil vigueses están chamados ás urnas para decidir en referendo o futuro da cidade de Vigo. Despois de anos de rumores e difamacións acerca da procedencia e nacionalidade dos habitantes vigueses, o levantamento popular das clases lusistas da cidade, fará posíbel este pronuciamento. As opción que se presentarán en dito referendo … Seguir lendo