Rajoy fará videos trotando por todas as cidades excepto Pontevedra

O Partido Popular lanzou a pasada semana unha serie de videos baixo o título “Camiñando rápido”. Neles pódese ver ao presidente Mariano Rajoy trotando e dando a coñecer varios dos seus aspectos máis persoais. O PP ten previsto reproducir estes videos de campaña por todas as capitais de provincia pero vai excluír da xira a…

O Dinoseto ocupará a cabeza de lista de Pontevedra ao Congreso polo PSOE

Soa para a carteira de Medio Ambiente. O Dinoseto encabezará a papeleta ao Congreso pola provincia de Pontevedra en representación do PSdeG-PSOE o vindeiro 26X. O arbusto que forma parte do círculo de confianza de Pedro Sánchez, mostrouse ilusionado pola oportunidade que se lle brinda na repetición dos comicios. Aínda que a súa candidatura non será oficial…

Allariz utilizará un hipopótamo na próxima Festa do Boi

A próxima Festa do Boi en Allariz contará cun hipopótamo que percorrerá as calles da vila alaricana. A asociación cultural Xan de Arzúa, entidade que se encarga da organización da Festa do Boi, anunciou que para o ano próximo contarán cun hipopótamo que correrá pola rúas da vila e fará as delicias de turistas e…

Declaran a Rajoy “Persona muy rata” en Pontevedra

O presidente do goberno en funcións é nomeado “persona muy rata” na súa cidade natal. Na mañá de onte o pleno do Concello de Pontevedra, reunido no Teatro Principal, acordaba cos votos de BNG, PSOE e Marea de Pontevedra, nomear a Mariano Rajoy “persoa moi rata”. Os recentes feitos, polos cales un goberno en funcións, con…

Comproban experimentalmente que Rajoy ten a cara moi dura

A terrible agresión sufrida polo presidente do goberno constata empíricamente un feito sobre o que existían sospeitas fundadas. O presidente Mariano Rajoy sufriu na tarde do mércores unha agresión na Praza da Peregrina da cidade de Pontevedra. Un mozo de 17 anos achegouse ao presidente e propinoulle un golpe que tería tumbado un becerro de tamaño medio….

O Lores: “Pontevedra non cheira mal”

O alcalde de Pontevedra responde contudente ante as críticas sobre o olor da súa cidade Coñecido é a gran problemática que asolaga á cidade do Lérez. A fábrica de celulosa que Ence mantén na ría de Pontevedra e o olor que desprende ten posto en pé de guerra máis de unha vez a poboación. Unha…