“Como cambian os tempos! Antes tomabamos licor café para ver se así botabamos uns polvos e agora botamos uns polvos para facer licor café”, indica un cliente A multinacional americana General Foods Corporation lanza unha versión dos seu peculiar refrixerante en po que permite facer licor café instantáneo. Así, a empresa que fabrica o Tang, famoso nos … Seguir lendo
Tag Archives: LK
[#BlackLicorCafé]Esencialistas piden celebrar o Black Friday con Licor Café
Centos de persoas de todo o país reclaman unha volta aos orixes, festexando a ‘festividade’ do Black Friday con algo tipicamente galego como o Licor Café. O licor café como símbolo, ese é o lema que esencialistas de diferentes puntos de Galiza reclaman como punto de encontro nunha festividade foránea como é a do Black … Seguir lendo
Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas
A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da … Seguir lendo
O iogur de licor café de Larsa superou á pornografía como o máis buscado en Google
A pornografía está en momentos baixos. Por segunda vez no ano deixan de ser o máis buscado na rede. Primeiro foi coa febre da aplicación de Nintendo: Pokémon GO. Esta vez os números asustan. Dende que o primeiro iluminado sacou a foto ao iogur, as fotos por Whatsapp non pararon e compartirse. Os máis incrédulos, … Seguir lendo
Lanzan o licor ‘Veleno Puro’
Prometen que vai ser tan forte que ‘caerás de cu no primeiro lavadeiro que vexas’. Unha empresa compostelá lanzará un licor café propio que tratará de explotar a viralidade nas redes de Manolo de Xaniño e vano facer invertindo as regras que marcan o márketing. Deste xeito a súa estratexia de ventas será ‘o pior licor … Seguir lendo
Lanzan o licor café 0,0
Abstemios sen outra cousa que facer anunciaron onte o lanzamento do licor café 0,0. O mundo das bebidas recibe unha nova innovación. Despois da cervexa que non é cervexa e o viño que non é viño, chega unha nova bebida. O licor café 0,0 que, por suposto, tampouco será licor café. Os inventores aseguran que … Seguir lendo
Danone lanzará un actimel de Licor Café
Anunciarase baixo o lema “Con LK-Imunitass para destrozar as túas defensas” Danone está decidida a lanzar o novo produto nos próximos meses. Trátase de unha nova variante da súa coñecida gama Actimel, pioneiro dos alimentos medicinais. Agora a multinacional francesa quere ser pioneira nos alimentos espirituosos e lanzarán o Actimel-LK coa esperanza de abrir un novo … Seguir lendo