O Tang de Licor Café xa está dispoñible en tendas e supermercados

“Como cambian os tempos! Antes tomabamos licor café para ver se así botabamos uns polvos e agora botamos uns polvos para facer licor café”, indica un cliente A multinacional americana General Foods Corporation lanza unha versión dos seu peculiar refrixerante en po que permite facer licor café instantáneo. Así, a empresa que fabrica o Tang, famoso nos…

Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas

A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da…

Lanzan o licor ‘Veleno Puro’

Prometen que vai ser tan forte que ‘caerás de cu no primeiro lavadeiro que vexas’. Unha empresa compostelá lanzará un licor café propio que tratará de explotar a viralidade nas redes de Manolo de Xaniño e vano facer invertindo as regras que marcan o márketing. Deste xeito a súa estratexia de ventas será ‘o pior licor…

Lanzan o licor café 0,0

Abstemios sen outra cousa que facer anunciaron onte o lanzamento do licor café 0,0. O mundo das bebidas recibe unha nova innovación. Despois da cervexa que non é cervexa e o viño que non é viño, chega unha nova bebida. O licor café 0,0 que, por suposto, tampouco será licor café. Os inventores aseguran que…

Danone lanzará un actimel de Licor Café

Anunciarase baixo o lema “Con LK-Imunitass para destrozar as túas defensas” Danone está decidida a lanzar o novo produto nos próximos meses. Trátase de unha nova variante da súa coñecida gama Actimel, pioneiro dos alimentos medicinais. Agora a multinacional francesa quere ser pioneira nos alimentos espirituosos e lanzarán o Actimel-LK coa esperanza de abrir un novo…