Un grupo de investigación de Malmö en Suecia ven de comunicar que atoparon os ubres da soia o que permitiría reutilizar os grans en lugar de moelos ou fermentalos para a elaboración do leite. O descubrimento deste grupo de biólogos botánicos pode revolucionar o mundo do veganismo e pode facelo por dúas canles. A primeira … Seguir lendo
Tag Archives: leite
Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas
A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da … Seguir lendo
Vacas en Sarria convocan unha folga
Colectivos de vacas leiteiras de Sarria convocaron unha folga este martes, que afectará a todos as granxas da contorna da vila, segundo informou este luns o sindicato de vacas roxas. O conflito laboral que arrastra o sector leiteiro galego explicítase en parte polos baixos prezos do leite pero por outra banda debido ao fracaso das … Seguir lendo
Feijóo quere un tractor “amarillo”
“É o que se leva agora” declarou Núñez Feijóo. Entre as as cousas que os gandeiros sacan en limpo da xuntanza mantida co presidente e máis a conselleira están o desexo do presidente de ter un Kubota amarelo ou un Massey Ferguson da mesma cor. “Disque ten algo de envexa do tractor de Rafa Cuíña … Seguir lendo
A Xunta pedirá aos gandeiros que en vez tirar o leite o doen a comedores escolares
A Xunta de Galiza pretende así abaratar custes de manutención a par que lle da saída aos litros de leite que os gandeiros galegos derraman nas súas protestas. O executivo de Alberto Númez Feijóo acaba de presentar por medio da súa portavoz parlamentaria a proposta que será debatida no próximo pleno do Parlamento de Galiza. … Seguir lendo
Lanzan unha nocilla con sabor a zorza
O Grupo de alimentación Nutrexpa acaba de anunciar que lanzarán unha nova variedade da súa famosa crema con sabor a zorza Na rolda de prensa de presentación indicaron que a súa equipa de I+D+i acaba de rematar todo o proceso de producción e comunicaron que nunhas semanas poderase adquirir en todos os establecementos de alimentación … Seguir lendo