Investigadores escanadinavos atopan os tetos polas que a soia dá o leite

Un grupo de investigación de Malmö en Suecia ven de comunicar que atoparon os ubres da soia o que permitiría reutilizar os grans en lugar de moelos ou fermentalos para a elaboración do leite. O descubrimento deste grupo de biólogos botánicos pode revolucionar o mundo do veganismo e pode facelo por dúas canles. A primeira…

Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas

A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da…

Vacas en Sarria convocan unha folga

Colectivos de vacas leiteiras de Sarria convocaron unha folga este martes, que afectará a todos as granxas da contorna da vila, segundo informou este luns o sindicato de vacas roxas. O conflito laboral que arrastra o sector leiteiro galego explicítase en parte polos baixos prezos do leite pero por outra banda debido ao fracaso das…

Feijóo quere un tractor “amarillo”

“É o que se leva agora” declarou Núñez Feijóo. Entre as as cousas que os gandeiros sacan en limpo da xuntanza mantida co presidente e máis a conselleira están o desexo do presidente de ter un Kubota amarelo ou un Massey Ferguson da mesma cor. “Disque ten algo de envexa do tractor de Rafa Cuíña…

Lanzan unha nocilla con sabor a zorza

O Grupo de alimentación Nutrexpa acaba de anunciar que lanzarán unha nova variedade da súa famosa crema con sabor a zorza Na rolda de prensa de presentación indicaron que a súa equipa de I+D+i acaba de rematar todo o proceso de producción e comunicaron que nunhas semanas poderase adquirir en todos os establecementos de alimentación…