A asociación que xestiona o tecor indica que a poboación de hispters estaba crecendo alarmantemente e solicitaron permiso á Xunta de Galicia. Os veciños da contorna de Santiago de Compostela están asustados pola proliferación da especie que, segundo denuncian, “Pasean polas fincas, critican os peches e deixan a terra fozada en busca de cogumelos e … Seguir lendo
Tag Archives: hipster
Avecrem lanza unha liña especial para gintonics
Conterá todas as merdas que os hipsters lle botan á xenebra. A empresa Gallina Blanca acaba de anunciar que lanzará unha nova gama de Avecrem destinada a amantes da xenebra. Segundo anunciaron nun comunicado consistirá nunha pastilla similar á que se lle bota á sopa pero destinada aos gintonics. A pastilla levará xenebreiro, herba limón, … Seguir lendo
Facebook engadirá o botón ‘Me la suda’
Despois do anuncio de que Facebook de incluír o botón ‘Non me gusta’, a rede social máis grande do mundo estase a plantexar a posibilidade de ir un paso máis aló e engadir tamén o botón ‘Me la suda’. O novo botón xa é esperado por numerosos usuarios da rede social ansiosos de telo disponíbel … Seguir lendo
Agustín Hernández súmase á moda hipster para alcanzar un espectro máis grande de electorado
O alcalde de Compostela e candidato a revalidar o cargo por parte do Partido Popular realiza un cambio de look para achegarse a un electorado moderno e urbanita. Os apretados resultados dos sondeos publicados na fin de semana así como a perspectiva electoral dunha candidatura cidadá forte na capital fan que nos últimos días o … Seguir lendo
Ikea fabricará mobles para igrexas despois do éxito de Muxía
A nova liña de mobles eclesiásticos podería estar lista en xuño Despois da presentación da restauración da igrexa da Virxe da Barca a multinacional sueca Ikea vai lanzar unha liña de mobles para igrexas para que se poida exportar o modelo utilizado en Muxía. O nome da nova liña aínda está por decidir pero xa houbo … Seguir lendo
Incautan un alixo de calcomanías con droga no Morrazo
A banda traballaba nas zonas do Morrazo e o Salnés e prentedía extenderse por todo o país co comezo do próximo curso escolar. Na mañá de onte a policía española, despois dun chivatazo anónimo, apresaban nun baixo da cidade a un grupo de catro persoas, que presuntamente empaquetaban e preparaban os fardos coas calcomanías preparadas … Seguir lendo