A presentación feita no World Mobile Congress de Barcelona fai salivar os padales de todos os asistentes. Google volve dar ser sorpresa mundial trala presentación das suas novas Google Glass, que presentarán como novidade fundamental sobres as súas anteriores versións a capacidade de quentar churrasco ou outras comidas grazas ao poder térmico dun haz de … Seguir lendo
Tag Archives: Google
Google suspende a varias copisterías por pillalos copiando
O xigante norteamericano suspendeu nas súas ferramentas na rede a moitas das copisterías das principais cidades galegas logo de descubrir que copiaban. O responsable de Google afirmou nunha rolda de prensa ante unha das preguntas dos nosos xornalistas que na empresa valoran moito a innovación e o traballo propio, co que ao atoparse nesta situación … Seguir lendo
Google Chrome recoñece que utilizou a Castelao cómo inspiración da ventá de incógnito
A versión galega protexerá as pesquisas dos galeguistas da Audiencia Nacional Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pasará a historia mundial, non só por ser unha das figuras máis relevantes no eido artístico e literario galego, senón tamén por servir de inspiración á equipa de Google Chrome no deseño da súa ventá de incógnito. A orixe da … Seguir lendo
O iogur de licor café de Larsa superou á pornografía como o máis buscado en Google
A pornografía está en momentos baixos. Por segunda vez no ano deixan de ser o máis buscado na rede. Primeiro foi coa febre da aplicación de Nintendo: Pokémon GO. Esta vez os números asustan. Dende que o primeiro iluminado sacou a foto ao iogur, as fotos por Whatsapp non pararon e compartirse. Os máis incrédulos, … Seguir lendo
Google sacará un goberno que se conduza sen presidente
A multinacional de Silicon Valley abrirá o seu mercado ao campo da politoloxía. Despois de presentar o seu coche autónomo en Galiza, Google anuncia desde o seu centro neurálxico as novidades que cambiarán o mundo nos próximos anos. Entre elas aparece unha dedicada íntegramente aos galegos e galegas, un goberno que se conduza sen presidente. Segundo os … Seguir lendo
Distribuidoras de cine porno desembarcarán na próxima Feira do Grelo das Pontes
Chamadas polo erro de tradución de Google aproveitarán o acto para montar unha performance Moitas productoras e distribuidoras de películas pornográficas visitarán o Concello das Pontes na próxima Feira do Grelo. O erro de tradución de Google que atribuiu a tradución ‘clítoris’ á palabra ‘grelo’ foi o desencadenante de que a próxima Feira do Grelo … Seguir lendo
Google News deixará de indexar a Tempos Galegos
Chegan as primeiras consecuencias da aprobación por parte do goberno do novo canon AEDE, tamén coñecido como taxa de Google. A compañía norteamericana Google deicidiu pechar o servizo que presta no noso país Google News Galiza, o cal deixará de prestar servizo o vindeiro martes 16 de decembro. A Lei de Propiedade Intelectual aprobada polo goberno … Seguir lendo