Os servizos sociais consíguenlle un emprego ao ex alcalde de Ferrol

Feijoo presume de ter creado dous postos de traballo en Galiza ante a suba xeralizada do desemprego no estado español. Alberto Núñez Feijoo remodela por sorpresa o seu goberno na Xunta de Galicia e aumenta un 25% o número de consellarías pasando de oito a dez. A Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, é cesada da súa…

Comparece ante os medios un señor con barba

Suaba, nervioso, pola falta de costume de falar ante os medios Hoxe os medios de comunicación foron sorprendidos cunha comparecencia dun home con barba no Palacio da Moncloa. Xornalistas dos distintos medios congregados atenderon a comparecencia aínda que non sabían exactamente quen puidera ser. A moitos soáballe a cara e dicían que o coñecían de…

O goberno subvencionará viaxes sexuais ás Canarias

Alcanzará a cantidade equivalente a unha dieta do senado se a viaxe é de contido sexual Despois do escándalo das viaxes do presidente estremeño José Antonio Monago a Canarias as que se engadiu o caso do deputado do PP de Teruel, Carlos Muñoz, o goberno do estado decidiu coller o touro polos cornos para pechar o tema….

Roxos e separatistas empobrécense adrede para fastidiar ao goberno

Segundo publica a Fundación FAES habería centos de miles de “rojos y separatistas” que se “empobrecerían a propósito” para deslixitimar as cifras macroeconómicas do Goberno do PP coa intención de romper España. O informe califica de “polpotista” a Caritas, ONG católica, que a pasada semana publicou un informe que puña en cuestión a recuperación económica no estado…

Wert modificará por lei a suma para que coincida cos cálculos do PP

Anunciouno a voceira do goberno na rolda de prensa habitual dos venres. Soraya Saenz de Santamaría dixo que dende o goberno non vían máis opción para salvar a economía española que recurtar a suma. Un comité de expertos asesorado por un reputado experto en cálculo elaborou un informe que será engadido á nova Lei de…

Cesan un ministro por fumarse os brotes verdes

O goberno anunciará ao longo do día de hoxe o cese dun ministro por fumarse de golpe todos os brotes verdes. Segundo puido saber este xornal este é o xeito no que os membros do goberno se referían aos cogollos de  marihuana White Widow que tiña escondida o presidente nunha caixa de puros que lle…

Pedro J. Ramírez deixa “El Mundo” e vai ao “Más Allá”

A noticia acaba de saltar na prensa do Estado. Pedro J. Ramírez, director do diario El Mundo, deixa a dirección do xornal e, segundo puidemos confirmar, pasará a dirixir a nova época da revista “Más Allá”. Segundo confirman fontes achegadas ao xornalista, Pedro J. ten pensado abrir a nova etapa da revista con varias ducias…