Geos e antidisturbios fan unha redada en Villarriba e decomisan o Fairy

Antidusturbios entran en Villarriba e decomisan o Fairy que ía ser utilizado para limpar a paelleira. Un gran dispositivo policial entrou no mediodía de onte en Villarriba alertados polos seus veciños de Villabajo despois de que se soubera que estaban fortemente armados cunha botella de Fairy e que tiñan planeado utilizala para limpar os pratos…

Unha discusión sobre física cuántica sáldase con 30 detidos nun bar da Laracha

A noticia do falecemento de Stephen Hawking provocou unha pelexa masiva nun bar da Laracha entre partidarios e detractores das súas teorías. Todo comezou cando un cliente dunha coñecida cafetería da Laracha comentou en voz alta o falecemento do físico británico. Momento no que outro cliente replicou que non concordaba “coa teoría da radiación Hawking…

Fan a matanza léndolle ao porco artigos de Eduardo Inda

Segundo trascendeu no día de onte, unha familia do concello ourensán de Beade realizou durante a ponte a matanza. Ata aquí todo resultaría normal se non fora porque un asistente publicou nas redes sociais que se lle deu morte ao animal léndolle artigos de Eduardo Inda publicados en OK Diario e tamén de Blanco Valdés…

Independentistas radicais deciden atacar ás porras coas súas cabezas

Non contentos con ir a votar libremente, os radicais cataláns están a cargar contra os pacíficos policías recén saídos dun parque temático. Durante as primeiras horas do día de hoxe estase a vivir en Catalunya o clima de crispación e violencia pronosticado polo Estado español. Violentos radicais armados coas súas cabezas están a atacar indiscrimimadamente…

Clausuran un Eroski en Catalunya por ter urnas para o sorteo dun xamón

A Garda Civil requisou tanto as caixas de votación como as papeletas dos participantes no sorteo. Na mañá de onte, e durante un servicio rutinario da Garda Civil na vila de Terrassa, a parella da Benemérita localizou dentro dun Eroski, cando menos dúas urnas, que no momento foron requisadas, poñendo e alerta tanto á Fiscalía…

Desarticulada unha banda de xogadores de parchís

Ían por aí bebendo refrescos e dándolle caña aos cubiletes A Policía Nacional e a Garda Civil acaban de anunciar que vén de desenvolverse con éxito unha operación que desarticulou unha banda de xogadores de parchís. A banda composta por oito mozos e mozas de distintas idades, pero todos menores, adicábase a xogar ao parchis nos…

Deteñen o tendeiro que lle vendeu o pan a nai dun etarra

O Ministerio do Interior difundiu hoxe por twitter unha operación na que se detivo a cúpula dunha tenda de ultramarinos. Segundo puido averigüar este xornal o tendeiro e propietario da tenda vendíalle o pan todos os días a nai dun membro de Eta condenado por diversos atentados. Fontes policiais indicaron que o pan foi utilizado…