Geos e antidisturbios fan unha redada en Villarriba e decomisan o Fairy


Antidusturbios entran en Villarriba e decomisan o Fairy que ía ser utilizado para limpar a paelleira.

Un gran dispositivo policial entrou no mediodía de onte en Villarriba alertados polos seus veciños de Villabajo despois de que se soubera que estaban fortemente armados cunha botella de Fairy e que tiñan planeado utilizala para limpar os pratos e a macropaelleira que utilizan para a súa festa.

Os veciños de Villabajo, de onde partiu meirande parte do dispositivo policial, despediron á garda civil e á policía nacional con soflamas e cánticos de “A por ellos, oé”. “Villarriba es tan de los de Villabajo como de los de Villarriba. Siempre deciden usar Fairy y nosotros somos más de Mistol. Escogieron su lavavajillas mediante un referendum ilegal en el que solo participaban los villaribenses y esa es una decisión que corresponde a toda la parroquia de Villaposición”, proclamaba exaltado un veciño de Villabajo.

Fontes do Ministerio de Interior fixeron valance da redada e indicaron que a actuación policial saldouse coa comisión de festas detida á que se lle imputa un delicto de rebelión e sedición, catro axentes feridos por resbalar na entrada do pobo. O ministro indicou que se decomisou unha botella de Fairy que non está claro que fose a ser utilizada enteira para fregar os pratos e a paelleira polo que ser utilizada como arma de destrucción masiva contra os axentes. Tamén se decomisou unha paelleira con capacidade para 250 racións que será enviada a analizar ao salón de festas de Jusapol e varios “tenedores y cucharas” que poderían ter sido usadas como arma branca contra os axentes.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.