A festividade rematou entre golpes de ramos de loureiro e palmas en dous bandos prefectamente divididos. Este Domingo de Ramos non todo foi gozo eclesiástico e procesións en Galiza, en Ferrol, na mañá dominical dous grandes grupos relixiosos decidiron batirse nunha multitudinaria pelexa entre os partidarios dos ramos de loureiro e os portadores de palmas. … Seguir lendo
Tag Archives: Ferrol
Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser idioma oficial de Star Trek
A asociación Star Trek Bilingüe apoia a iniciativa. A organización de Albert Rivera presentou hoxe unha nova iniciativa no Concello de Ferrol para que o idioma Klingon pase a estar proscrito na serie de ciencia ficción Star Trek. ‘Estamos hasta los cojones de tantas lenguas. Queremos que todo el mundo hable en español’, indicaron nunha … Seguir lendo
En Ferrol, Podemos non apoiará a Podemos
A formación de Pablo Iglesias non dará soporte ás mareas ferrolás, pero tampouco ao seu propio partido local. O Círculo concéntrico de Podemos a nivel estatal non apoiará ao seu círculo ferrolán de cara ás próximas municipais de maio de 2015. Despois dos problemas surxidos na elección do seu Consello Cidadán e as convulsas asembleas … Seguir lendo
Feijoo pensaba que Cádiz estaba ao lado de Ferrol
“Los dos astilleros eran de Navantia, quien pensaría que estaban separados”, declaran fontes oficiais Tempos Galegos falou cunha fonte confidencial do gabinete do presidente que desvelou que Alberto Núñez Feijoo pensaba que Cádiz estaba ao lado de Ferrol. “En Galicia te hay muchos pueblos acabados en -iz: Mondariz, Allariz, Guitiriz. Quien iba pensar que Cadiz … Seguir lendo
Feijoo fará un casting para elixir de entre os seus Conselleiros ao novo alcalde do Ferrol
Ante a noticia que onte saía á prensa, na que a xuíza Pilar de Lara imputaba no caso Pokemon ao alcalde de Ferrol e a Baltar pai, Alberto Nuñez Feijoo vése obrigado de novo a mover ficha. Deste xeito, e aínda coa resaca do caso do concello de Compostela na mente de todos, un novo … Seguir lendo
Ferrol buscará a irmandade con Detroit
O alcalde de Ferrol José Manuel Rey Varela deu a coñecer que, co obxectivo de ter un intercambio cultural e educativo, o municipio buscará irmandarse coa cidade americana de Detroit, onde se atopa o berce do sector industrial e automobilístico mundial. “Sabemos que é un pouco complicado o tema pola distancia, pero con todo queremos … Seguir lendo